Un pesqueiro de Burela rescata a dous tripulantes británicos dun veleiro ao que se lle abriu unha vía de auga

O pesqueiro burelense 'Faro de Burela' rescatou a dous tripulantes do veleiro británico 'Stereden Va Bro', que lanzaron unha chamada de auxilio e abandonaron o seu barco ao que se lle abriu unha vía de auga no casco a unhas 83 millas ao norte da Mariña.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/07/2017 | Actualizada ás 22:02 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O pesqueiro burelense 'Faro de Burela' rescatou a dous tripulantes do veleiro británico 'Stereden Va Bro', que lanzaron unha chamada de auxilio e abandonaron o seu barco ao que se lle abriu unha vía de auga no casco a unhas 83 millas ao norte da Mariña.

Tras recibir a chamada de socorro, ao redor das 14,50 horas (hora local), Salvamento Marítimo pediu ao pesqueiro que se achegase á zona do accidente, posto que se atopaba a pouca distancia.

Os náufragos, en perfecto estado, foron recollidos da súa balsa salvavidas polo pesqueiro que, segundo informaron a Europa Press fontes de Salvamento Marítimo, diríxese ao porto de Burela e está previsto que chegue antes das 2,00 horas deste xoves.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta