Atopan morta en Cervo unha balea alibranca de 7 metros

O animal foi achado en estado de descomposición. Un equipo da Cemma desprazouse até o lugar para facer a necropsia.

Por Galicia Confidencial | Cervo | 20/07/2017 | Actualizada ás 15:30

Comparte esta noticia

Unha femia de balea alibranca de 7 metros de lonxitude apareceu morta este mércores en Cervo, no dique sur da factoría de Alcoa, en San Cibrao, onde foi recollida polo Grupo de Urxencias Supramunicipal (GES) desta localidade e unha embarcación de Salvamento Marítimo e levada ata o porto.

Balea alibranca de sete metros atopada en San Cibrao (Cervo)
Balea alibranca de sete metros atopada en San Cibrao (Cervo) | Fonte: Facebook de San Ciprián, 'Peninsula de La Paz'.

Tralo seu achado, membros da Sociedade Galega de Historia Natural avisaron á Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), onde puideron recoller biometrías e diversas mostras biolóxicas para a súa análise.

O animal apareceu en estado de descomposición. De feito. hai unha semana un submarinista vira o corpo nas profundidades do mar, que terminou por emerxer á superficie.

A alibranca é unha das especies de cetáceos máis comúns e non adoita achegarse ao litoral. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta