Temas: TERRORISMO ETA

Narón aproba unha moción en homenaxe a todas as vítimas do terrorismo e non só de Miguel Ángel Blanco

Foi presentada conxuntamente polos grupos municipais de EU Narón, TEGA, PSOE e BNG. O PP acabou apoiandoaa aínda que insistiu en homenaxear a Miguel Ángel Blanco.

Por Galicia Confidencial | Narón | 28/07/2017 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

O Concello de Narón aprobou unha moción presentada conxuntamente polos Grupos Municipais de EU Narón, TEGA, PSOE e BNG en homenaxe a todas as vítimas do terrorismo e non só de Miguel Ángel Blanco, tal e como pedían os populares. En todo caso, esta formación acabou sumandose á petición do resto de grupos e a proposto aprobouse por unanimidade. 

Vítimas do atentado de ETA no Hipercor de Barcelona
Vítimas do atentado de ETA no Hipercor de Barcelona

"Sinceramente teríame gustado que neste Pleno tivésemos conseguido presentar unha única Moción en homenaxe a todas as vítimas do terrorismo”, destacou o edil de Eu Andreś Abeledo durante o pleno ao criticar que o PP presentara a súa proposta sobre Miguel Ángel Blanco. 

“O señor Marcos López Balado –PP-- sabe que a proposta era sincera, por unha banda propoñía que a exposición mantivese o texto proposto polo PP, e que nos seus acordos deixase claro o que era unha homenaxe a todas as vítimas do terrorismo, tratadas por igual, e dándolle o mesmo valor a todas as vidas e ao sufrimento de todas as familias”, engadíu.

De feito, os grupos que presentaron a iniciativa insistiron en que non se poden facer distincións entre as vítimas do terrorismo ao tempo que lembraron a Miguel Ángel Blanco no aniversario do seu “brutal e covarde asasinato”. “Pero sen esquecer en ningún momento a todas as vítimas, aos asinados de todos os partidos, de todas as ideoloxías, aos asasinados por aqueles que tratan de impoñerse usando a forza da violencia e a sen razón”, apuntaron.

Esta foi a moción aprobada:

“MOCIÓN EN HOMENAXE A TODAS AS VÍTIMAS DO TERRORISMO NO ANIVERSARIO DO ASASINATO DE MIGUEL ÁNGEL BLANCO.

Imaxes do atentado de ETA contra a casa cuartel de Vic
Imaxes do atentado de ETA contra a casa cuartel de Vic

O pasado 12 de Xullo cumpríronse 20 anos do día do secuestro e asasinato de xoven concelleiro de Ermua Miguel Ángel Blanco.

Entendemos que esta data pode e debe ser un punto de inflexión para condenar a violencia terrorista, así como para lembrar a todas as vítimas da sen razón da violencia terrorista ao longo da historia.

Sen dubida o terrorismo en todas as súas formas é unha arbore podrecida que só da como froitos odio e dor.

Ningunha idea, ningunha relixión, ningún sistema político ten dereito a utilizar o terrorismo para sementar sufrimento e colleitar medo.

A violencia é o argumento dos que non teñen argumentos, o tempo das pistolas chega sempre para os que non teñen máis razón que a forza do terror.

O tempo demostrou que aqueles que ao longo da nosa historia tentaron impoñer a súa visión do mundo a base de violencia e terror, nin puideron vencer, nin moito menos convencer.

Condenamos enerxicamente a violencia terrorista, a condenamos veña de onde veña, a combatemos coa forza da palabra e o escudo da razón, o facemos dende o absoluto convencemento de que só dende o respecto a diferencia pode construírse un futuro sen violencia.”

ACORDOS:

1. Instar ao Goberno de Narón a condenar a violencia terrorista en todas as súas formas ao longo da historia.

2. Instar ao Goberno de Narón a promover un minuto de silencio durante a celebración do pleno ordinario en lembranza e homenaxe a todas as vítimas do terrorismo.

Temas: TERRORISMO ETA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta