Temas: PARAGUAI

Paraguai tamén ten capital en Galicia

A colectividade deste país celebrou un encontro de confraternidade esta fin de semana en Santa Cruz de Rivadulla.

Por Galicia Confidencial | Santa Cruz de Rivadulla | 01/08/2017 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

Numerosas familias de orixe paraguaia estiveron esta fin de semana nun restaurante de Santa Cruz de Rivadulla para celebrar un encontro de confraternidade e falar das súas raíces. 

Membros da comunidade de Paraguai en Galicia
Membros da comunidade de Paraguai en Galicia | Fonte: Lalo Piñeiro

O evento contou  coa asistencia de numerosos paraguais que chegaron das catro provincias galegas e que recibiron un diploma de agradecemento do encontro. Tamén asistiu o cónsul honorario do Paraguai en Galicia, Don Miguel Pampín. O comité organizador destacou a gran repercución que tivo a actividade polo que non descarta celebrar un novo encontro no futuro. 

Despois da sobremesa levo a cabo unha homenaxe de agradecemento a dous membros da colectividade que regresan ao seu país. Tamén puideron gozar de actuacións musicais e danza típica desta terra. “A festa continuou cun gran baile ata ben entrada a tarde", apuntan os organizadores.

Encontro da comunidade de Paraguaios en Galicia
Encontro da comunidade de Paraguaios en Galicia | Fonte: Lalo Piñeiro
Temas: PARAGUAI
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta