Temas: SANIDADE

Folga na sanidade en novembro para pedir o desenvolvemento da carreira profesional

Os sindicatos CESM e OMEGA convocan esta medida ante a negativa da Xunta a incluír nos orzamentos de 2018 a partida económica necesaria para negociar a Carreira Profesional.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2017 | Actualizada ás 10:59

Comparte esta noticia

Os sindicatos CESM e O'MEGA anunciaron a convocatoria dunha folga na sanidade a partir do próximo mes de novembro para reclamar á Xunta de Galicia que inclúa nos orzamentos de 2018 a partida económica necesaria para negociar a Carreira Profesional.

Concentración dos traballadores do SERGAS na Coruña contra os recortes en Sanidade
Concentración dos traballadores do SERGAS na Coruña contra os recortes en Sanidade

Nun comunicado, as centrais sindicais explican que na Mesa Sectorial de Sanidade celebrada este mércores non se entrou a negociar a carreira profesional ordinaria, co argumento de que primeiro se tería que dispor de respaldo económica. "Total, que nos queren levar, como mínimo, a 2019".

Desde CESM e O'MEGA enténdese que se trata dunha formulación "incongruente" ao xustificarse no feito de que os orzamentos do ano que vén están a elaborarse e que, por tanto, desde a administración non poderían dicir nada ata que non estean finalizados.

"É pór o carro diante dos bois", engade o comunicado sindical, que reclama que se solicite unha partida e se inclúa nuns orzamentos que "presumen de ser os máis altos en anos". CESM e O'MEGA cuestionan que a dirección de Recursos Humanos manifeste a súa disposición a sacar adiante este tema e ironizan "que de boas intencións están as tumbas cheas".

En todo caso, os sindicatos aclaran que a convocatoria de folga se realiza en novembro para demostrar a súa vontade de acordo e dar así un "prazo razoable" á Administración para que "cambie de actitude".

Pola súa banda, O sindicato CCOO criticou ao Servizo Galego de Saúde (SERGAS) por rexeitar na última celebración da mesa sectorial, celebrada este mércores, a negociación da recuperación dos dereitos "roubados" ao persoal deste ámbito durante a crise económica e advertiu que haberá "conflitividade" en centros sanitarios a partir de setembro.

Temas: SANIDADE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Doutor Sito

E que pensan facer o resto dos sindicatos, ou é que so teñen problemas os médicos