Sada (A Coruña) esixe a Feijóo que "deixe de porse de lado" e pide á Xunta xestionar as visitas ao Pazo de Meirás

Sada convoca pleno extraordinario sobre a situación do Pazo, que reclama que se incorpore ao patrimonio público

| 04/08/2017 | Actualizada ás 17:40 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Concello de Sada (A Coruña)convocará un pleno extraordinario no que se debaterá sobre a situación do Pazo de Meirás, cunha proposta na que se reclamará á Xunta a xestión das visitas que agora organiza a Fundación Franco.

Pazo de Meiras
Pazo de Meiras | Fonte: Europa Press

En nota de prensa, o goberno local de Sada alude a que a Xunta ten "potestade e competencia" para determinar sobre o réxime de visitas e reclama a Feijóo que "non se poña de lado", porque "debe elixir" entre unha Fundación "laudatoria do réxime do terror franquista ou o Concello de Sada".

"Debe elixir entre a memoria do ditador ou a memoria histórica da represión franquista e das súas vítimas", apostila o alcalde de Sada, Benito Portela.

Como único tema da orde do día do pleno extraordinario figurarán as medidas relativas ao Pazo de Meirás, comezando pola petición á Xunta de Galicia, de que a xestión das visitas se realice desde o Concello e non desde a Fundación Franco.

Como segundo asunto, na proposta do goberno local solicítase á Xunta e ao Goberno apoio institucional para realizar todas as actuacións encamiñadas a que o Pazo de Meirás deixe de ser propiedade da familia Franco e pase a titularidade pública.

Neste sentido, o Concello de Sada insta aos poderes "públicos, tanto os lexislativos como os administrativos, e no seu caso os xudiciais" a pór "fin ao anacronismo histórico" que entende que supón que a familia de Franco manteña a propiedade do Pazo, que foi adquirido, puntualiza, "resultado da extorsión asociada a un réxime de terror".

En terceiro lugar, na proposta que será levada a pleno contémplase formular unha declaración institucional de condena expresa, ante os comunicados emitidos pola Fundación Franco, e de apoio á memoria das vítimas do franquismo.

Finalmente, ínstase as Cortes do Estado, aos grupos parlamentarios e ao goberno do Estado a realizar as iniciativas lexislativas que modifiquen o réxime das Fundacións. O obxectivo último sería a declaración como ilegal daquelas que como a Fundación Francisco Franco se adiquen "á homenaxe á vida e a obra criminal do ditador".

Como segundo asunto, en la propuesta del gobierno local se solicita a la Xunta y al Gobierno apoyo institucional para realizar todas las actuaciones encaminadas a que el Pazo de Meirás deje de ser propiedad de la familia Franco y pase a titularidad pública.

En este sentido, el Ayuntamiento de Sada insta a "los poderes públicos, tanto los legislativos como los administrativos, y en su caso los judiciales" a poner "fin al anacronismo histórico" que entiende que supone que la familia de Franco mantenga la propiedad del Pazo, que fue adquirido, puntualiza, "resultado de la extorsión asociada a un régimen de terror".

En tercer lugar, en la propuesta que será llevada a pleno se contempla formular una declaración institucional de condena expresa, ante los comunicados emitidos por la Fundación Franco, y de apoyo a la memoria de las víctimas del franquismo.

Finalmente, se insta a las Cortes del Estado, a los grupos parlamentarios y al gobierno del Estado a realizar las iniciativas legislativas que modifiquen el régimen de las Fundaciones. El objetivo último sería la declaración como ilegal de aquellas que como la Fundación Francisco Franco se dediquen "al homenaje a la vida y la obra criminal del dictador".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta