Contos do vento

Está a ventear forte do Atlántico neste días do verán. Como a terra é redonda funden nos seus ventos, acós e acolás, que logo no seu zoar deixan escoitar moito saber. O amigo Paco disque ten que ficar en Madeira, coa súa familia, porqué os avións non poden voar. Só precisamos un pouco de imaxinación para contalo.

Por Fermín Paz | Ferrol | 11/08/2017

Comparte esta noticia
Tolstoi ademais de Ana Karemina, Guerra e Paz entre outras, tivo tempo para facer apuntamentos  no seu diario,  coma que mais dunha vez a merenda deulle "cagarria". A xenialidade é unha resultante da mistura do extraordinario co cotián. 
 
Os xenios ás veces non son tan sublimes como supoñemos. A xenialidade tamén convive co  común e podemos ( por oportunidade que non por oportunismo) darlle a volta  a tal afirmación e comprobar que de cando en vez nós mesmos, a tropa, facemos demostración empírica deste principio. Lembro cando rachei cos meus limites de velocidade dando "zoco". Naquela ocasión,  un grupello de amigos estabamos comendo dos abruños dun veciño. Sorprendidos polo dono na póla dun cereixo (tamén do subministro de balde), houbo que sair a fume de carozo para non termos que dar explicacións. 
 
Volto ao rego. O Tolstoi era de carallo. Namentras daba voltas polos xardins da súa finca de Lasnaia Liliana, co can a seu  carón, daba renda solta  aos  seus impulsos sexuais, cascándoa. A grande Rusia xamais foi perxudicada  polas  sesións de onanismo dun dos seus facedores literarios, aínda que ás veces o xenio sentiuse como unha besta insensible e pecadora.
 
Neste agosto do 2017 non está de máis desmitificar un pouco os xenios. 
 
"Rajoi" xa no ten doenza nos cadris e segue como Presidente. Camiña de novo polas corredoiras da nosa terra e coma sempre furrulando co seu motor moi revolucionado e  pode que " trucado " .Terá algo especial este home? Eu non teño dubidas. De non ser asi tanto D. Mariano como o Pp teñen un xenio contratado como asesor ( aínda que sexa en precario pero con prezo axustado a súa xenialidade), co objetivo de facernos creer que todo o que aconteceu é contaminación ou refugallo, que debemos enterrar para sempre nun punto limpo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Fermín Paz A miña actividade política e social ven do ano 1970. Militei e tiven responsabilidades en organizacións do nacionalismo galego a nivel local, comarcal e nacional. A nivel Internacional, Secretario Xeral da Unión Internacional de Sindicatos da Enerxía-Química e Petróleo e da Comisión Executiva dos Sindicatos da Enerxía- Química e do Petróleo da rexión Europea-Paises árabes. Secretario Xeral da Asociación Internacional Droit á l´énergie-Sos Futur con sede en Paris e representante da Ong no Consello Económico e Social da ONU. Na actualidade estou xubilado e fago colaboracións en revistas, publicacións e Foros Internacionais de análises política ou sindical.