O gran "pelotazo" de Massó paralizado pola Xustiza

Puentes, na que traballou Agustín Hernández, Ubaldino Rodríguez e Caixanova reciben un forte revés no seu plan para un macro-complexo turístico de luxo en Cangas. A decisión do xuíz tamén cuestiona á posición do BNG local.

Por Walter Burns | Cangas | 18/09/2010 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia

O porto deportivo de Massó en Cangas é unha das obras máis polémicas da costa galega. Está promovida pola empresa Residencial Marina Atlántica, financiada ao 50% por Caixanova e participada por Puentes y Calzada, unha das construtoras nas que traballou o actual conselleiro de Infraestructuras e Medio Ambiente, Agustín Hernández e o coñecido promotor vigués Ubaldino Rodríguez. Claramente en contra, a confraría de pescadores e os ecoloxistas.

None

Co apoio do PPdeG

A oposición do Concello é máis difícil de definir. O porto forma parte dun macro-complexo de miles de apartamentos, aprobado cando gobernaba o PPdeG.

A coalición de esquerdas que o sucedeu (liderada por BNG máis PSOE e Alternativa pola Unidade, a FPG máis Esquerda Unida) prometeu detelo. O PXOM foi paralizado na Xustiza, pero con todo as obras para construción do peirao, que non é competencia directa municipal, desataron unha gran crise na coalición.

Abalo non violou a lei por impedir o acceso ás obras

O concelleiro Mariano Abalo (FPG) liderou a resposta institucional e chegou a impedir con sinais de tráfico o acceso dos camións da subcontrata Excorgal e Puentes ao peirao. Alternativa pola Unidade acusou aos seus ex-socios de Goberno de mirar para outro lado e ao final a alcaldesa, Clara Millán (BNG), retiroulle a Abalo as súas competencias en Urbanismo.

Agora coñécese unha sentencia que avala un dos argumentos dos opositores, o municipio ten competencias de abondo para impedir o acceso da maquinaria ao peirao, que afecta a unha das mellores zonas de pesca da baixura local.

Sen permiso algún, Puentes y Calzada ancheou o camiño público por onde entran os camións. A sentencia do Xulgado número 1 de Pontevedra desestima o recurso de Puentes contra a decisión do Concello de impedir o acceso ao camiño. Non hai tal "desviación de poder" de Abalo. Durante semanas, veciños fixeron garda 24 horas para protexer o sinal de prohibido o paso que o concelleiro de Tráfico mandou colocar ao pé do camiño. Houbo denuncias cruzadas cos camioneiros e a Garda Civil detivo a ducias de activistas.

A nova resolución complica a defensa da alcaldesa. Clara Millán sempre alegou que o municipio non podía parar as obras, porque a primeira parte do complexo (o peirao de Massó) está en terreos da Autoridade Portuaria de Vigo.

O Porto de Vigo ignorou un informe vinculante dos biólogos

O PPdeG controlaba o Porto de Vigo cando Residencial Marina Atlántica logrou a licencia. A decisión tomouse en contra dun informe vinculante dos biólogos da daquela Consellería de Pesca. O Consello de Administración do Porto, na súa autorización, apunta que non recibira tal informe. O certo é que o veto dos biólogos entrou no Rexistro do Porto semanas antes da polémica autorización. Este é un dos motivos polos que a licenza de Portos está no TSXG, parte dunha maraña xudicial da que depende o millonario investimento.

Ademais do peirao deportivo de luxo (Cangas xa ten outro porto deportivo normal), Residencial Marina Atlántica pretende construír miles de residencias para turistas nos terreos anexos, a antiga fábrica conserveira de Massó. O seu plan tamén é reformar o fermoso edificio da factoría para facer un centro comercial, o que prexudicaría ao comercio local.

O PP local segue a apoiar o macro-complexo, considerado pola plataforma opositora SOS Massó como un dos maiores "pelotazos" na costa galega.

As próximas eleccións locais serán claves para decidir o seu futuro.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

11 brais

Duas mensaxes contraditórias nesta noticia: -Clara Millán non tiña competencias sobre os terreos, eran de Portos de Vigo, supostamente ela queda en evidencia: cal é esa evidencia? -Omítese a idea de q Mariano Abalo actuou como se non fose un membro do governo local, el ía por libre, tomaba as decisións sen previamente consultar con quen o nomeou... Moi PPsoeiro este xornal!

10 LúaMeiga

Parabéns a tódolos que loitastes de forma activa, aos que fostes detidos de esa forma tan brutal......coñézovos a tod@s e foi unha impotencia enorme e escalofriante ve-las imaxes das detencións, sobre todo a de Sabela... Unha forte aperta e parabéns a RNV e a xente de Cangas........

1 Meolo

BLANCO BLINDA O NEGOCIO PRIVADO DE RANDE CONTRA OS VIGUESES. Vigo, 11/10/2010.- O ministro de Fomento, X. Blanco, perpetrou a renovación da concesión-atraco aos galegos que supón a peaxe na via principal de Galicia. Como xa fixera outro antigalego como Cuiña no 2001, no silencio complice dos medios, arranxouse un negocio exclusivamente privado. De quen e a Ponte?. Por que non amplia a ponte o seo dono-señor feudal?. Por que temos que pagar a ampliación e logo o peaxe?. Por que fai falta a ampliación?. Se fai falta amplaición por queé non se fai a autovia xa?. Quen manda nos políticos?. Acaso a peaxe non e unha medida que frena a economía, a recuperación, que perxudica no so ao transporte se non ao consumo, etc?. Ao final semella que a contrucción de vias e un negocio privado (peaxes na sombra), contra a xente expropiada pro un "ben público". Ai mi madriña, quen vai a ir no AVE, canto vai a costar o billete "privado" señor Blanco?.

9 votante cabreado

Sinceramente, dá moita pena e tamén moita vergoña mirar a xente "argumentando" contra os que loitaron pola paralización das obras ilegais no Salgueirón. E o de argumentar vai entre vírgulas porque o que fan é basicamente insultar...non está mal, a rede é libre e quen queira desafogar aquí, que o faga. O mau é que o fan no nome do BNG, insultando a todo o mundo que sexa minimamente crítico coa política da sra. Millán. Eu a todos eses que enchen a boca a chamarnos "tontos" e "fascistas" aos que levamos os paus e mais as multas, só lles diría que non falasen en nome do BNG. Moitas e moitos militantes e votantes, -e non só o Beiras-, estiveron nas manifas, participaron nos actos de protesta e deron o seu apoio á loita...tamén eses son/somos "tontos" e "fascistas", non si?

8 lacaios do PP

Aquí está ben claro que a sentenza é contra Caixanova e a empresa Puentes e MZOV pero nos comentarios só se ven críticas ao BNG de Cangas porque é o único que vos interesa aos tontos-dentistas e demais ralea que traballa para o PP. Onde está Galiza Non Se Vende tontos, o que pasa é que non se pode ser tan cipaio como para traballar para o PP arreo e dicir que sodes da "esquerda real" hahahaha por sorte se traballades tanto ides conseguir que goberne o PP en Cangas e despois xa veredes onde fan hotelitos estilo Benidorm sen depuración. Hai que pecharlles os garitos a esta cotra que apoia ao PP. P.orcos P.hascistas. Son peores que Goebbels cos seus ladridos anti esquerda.

1 Xan das Pipas

Lacaios do PP, Mentirosos anti-todo, obxectivo,... Es ben agradecido. Será tido en conta polos teus amos. Este "tonto útil" ten pensamento propio, non dirixido. O que está mal, está mal, fagao PP ou Manoel. Entendes? Un bico e a seguir así, que así nos vai.

2 Xan das Pipas

Por certo, es tan simple que só ves (ou mellor, queres facer ver) que a dicotomía é Bloque ou PP. Manipulas moi mal, hai outras opcións, incluso o voto nulo. O dito: bicos

7 sara

Caeu o argumento dos lacaios do BNG, miserables que repetiron por todos lados a imposibilidade do concello para paralizar as obras. De novo, unha vez máis, e xa van..., queda claro que intereses defende o BNG de hoxe. Agora que veña Alfonso Eiré a censurar a información e poñer fora a xornalistas por estar nunha manifestación. O tempo vai poñendo a cada quen no seu lugar. Pois iso, PP, PSOE e BNG comen xuntos no mesmo prato, o pobo paga mentres non desperte.

1 Mentirosos anti-todo

Sara se estás contra do BNG será porque pensas votar ao PP en Cangas e ises non son nada lacaios e están polo progreso dos seus bolsillos. Hai moito tempo que demostrastes o voso rastreiro comportamento en Cangas contra da esquerda e por sorte só sodes unha panda de zumbaos. É que a xente normal non queremos ao PP e sí queremos ao BNG a pesar de que cometa erros ou non os cometa. Queremos galego, vivendas públicas e esquerda non ao PP nin aos de "todo está moi mal, son todos iguais". Eiré a censurar a información pero que risa se hai polo menos 6 xornais máis lidos neste pais, por favor mira que sodes mentirosos.

2 cangueiro

Eló Eiré non botou unha rapaza en prácticas por ser unha das detidas en Massó? Eló os medios controlados polo BNG, gznación por exemplo, non agochaban a información? Anda, vaite deitar compañeiro. O bng en cangas ENGANOU os seus votantes, así nos vos vai...