O gran "pelotazo" de Massó paralizado pola Xustiza

Puentes, na que traballou Agustín Hernández, Ubaldino Rodríguez e Caixanova reciben un forte revés no seu plan para un macro-complexo turístico de luxo en Cangas. A decisión do xuíz tamén cuestiona á posición do BNG local.

Por Walter Burns | Cangas | 18/09/2010 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia

O porto deportivo de Massó en Cangas é unha das obras máis polémicas da costa galega. Está promovida pola empresa Residencial Marina Atlántica, financiada ao 50% por Caixanova e participada por Puentes y Calzada, unha das construtoras nas que traballou o actual conselleiro de Infraestructuras e Medio Ambiente, Agustín Hernández e o coñecido promotor vigués Ubaldino Rodríguez. Claramente en contra, a confraría de pescadores e os ecoloxistas.

None

Co apoio do PPdeG

A oposición do Concello é máis difícil de definir. O porto forma parte dun macro-complexo de miles de apartamentos, aprobado cando gobernaba o PPdeG.

A coalición de esquerdas que o sucedeu (liderada por BNG máis PSOE e Alternativa pola Unidade, a FPG máis Esquerda Unida) prometeu detelo. O PXOM foi paralizado na Xustiza, pero con todo as obras para construción do peirao, que non é competencia directa municipal, desataron unha gran crise na coalición.

Abalo non violou a lei por impedir o acceso ás obras

O concelleiro Mariano Abalo (FPG) liderou a resposta institucional e chegou a impedir con sinais de tráfico o acceso dos camións da subcontrata Excorgal e Puentes ao peirao. Alternativa pola Unidade acusou aos seus ex-socios de Goberno de mirar para outro lado e ao final a alcaldesa, Clara Millán (BNG), retiroulle a Abalo as súas competencias en Urbanismo.

Agora coñécese unha sentencia que avala un dos argumentos dos opositores, o municipio ten competencias de abondo para impedir o acceso da maquinaria ao peirao, que afecta a unha das mellores zonas de pesca da baixura local.

Sen permiso algún, Puentes y Calzada ancheou o camiño público por onde entran os camións. A sentencia do Xulgado número 1 de Pontevedra desestima o recurso de Puentes contra a decisión do Concello de impedir o acceso ao camiño. Non hai tal "desviación de poder" de Abalo. Durante semanas, veciños fixeron garda 24 horas para protexer o sinal de prohibido o paso que o concelleiro de Tráfico mandou colocar ao pé do camiño. Houbo denuncias cruzadas cos camioneiros e a Garda Civil detivo a ducias de activistas.

A nova resolución complica a defensa da alcaldesa. Clara Millán sempre alegou que o municipio non podía parar as obras, porque a primeira parte do complexo (o peirao de Massó) está en terreos da Autoridade Portuaria de Vigo.

O Porto de Vigo ignorou un informe vinculante dos biólogos

O PPdeG controlaba o Porto de Vigo cando Residencial Marina Atlántica logrou a licencia. A decisión tomouse en contra dun informe vinculante dos biólogos da daquela Consellería de Pesca. O Consello de Administración do Porto, na súa autorización, apunta que non recibira tal informe. O certo é que o veto dos biólogos entrou no Rexistro do Porto semanas antes da polémica autorización. Este é un dos motivos polos que a licenza de Portos está no TSXG, parte dunha maraña xudicial da que depende o millonario investimento.

Ademais do peirao deportivo de luxo (Cangas xa ten outro porto deportivo normal), Residencial Marina Atlántica pretende construír miles de residencias para turistas nos terreos anexos, a antiga fábrica conserveira de Massó. O seu plan tamén é reformar o fermoso edificio da factoría para facer un centro comercial, o que prexudicaría ao comercio local.

O PP local segue a apoiar o macro-complexo, considerado pola plataforma opositora SOS Massó como un dos maiores "pelotazos" na costa galega.

As próximas eleccións locais serán claves para decidir o seu futuro.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

1 raxozorza

Fica claro que Clara ten qeu dimitir e canto antes. O BNG ten que recuperar o creto e dar a carfa polos seus votantes.

1 Fascistas caníbales

Ahí está, Clara que dimita que ese é o voso único interés, para deixar o camiño aplanado ao fascismo que representades.