Temas: TOMIñO PORTUGAL

O Miño volve recuperar os lazos históricos que uniron a Galicia e Portugal

Vila Nova de Cerveira e Tomiño presentaron un novidoso proxecto para unir as ribeiras das dúas localidades cunha ponte peonil e ciclista que permita aos visitantes visitar os seus parques e zonas verdes.

Por Galicia Confidencial | Tomiño | 11/08/2017 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

Galicia e Portugal volven recuperar lazos históricos. As localidades de Tomiño e de Vilanova de Cerveira estiveron centos de anos separadas polo Miño, pero unidos por unha barca que ía e viña cargada de xente e de mercadorías. De feito, fronte á localidade portuguesa naceu a vila da Barca de Goián, destruída nas guerras entre os deus países no século XVII. Foron precisamente esas guerras as que provocaron un illamento que durou practicamente ata os nosos días.

Vilanova da Cerveira, á esquerda, e a fortaleza de Goián, á dereita, estarán unidas por unha ponte peonil
Vilanova da Cerveira, á esquerda, e a fortaleza de Goián, á dereita, estarán unidas por unha ponte peonil | Fonte: vigoenfamilia.com

Pero ese illamento xa é pasado. Galegos e portugueses volven ser máis irmáns que nunca. Primeiro foi a chegada da UE e logo a supresión das fronteiras e a construción de grandes pontes. Agora son os pequenos proxectos, eses que están feitos para o desfrute da xente. 

Por iso, Tomiño e Cerveira quere volver estar unidas como estaban na época medieval, e o farán a través dunha ponte peonil e ciclista que tentará unir as dúas localidades en 2010. O obxectivo é que os veciños dunha e doutra beira poidan desfrutar dos seus grandes espazos verdes; o parque do Castelinho, do ladoportugués, e o parque da Fortaleza, do lado galego. 

Os dous concellos levaban a darlle voltas a este proxecto desde o 2015 e, agora, a boa relación que manteñen no marco da cooperación transfronteiriza entre o Norte de Portugal e Galicia, fixo o resto. Tamen axuda que no goberno da Deputación de Pontevedra estea o concelleiro tomiñés –e ademais de Goián-- Uxío Benítez como deputado de Cooperación Transfronteiriza.

Concurso internacional de ideas

A imaxe da nova ponte peonil transfronteiriza  coñecerase a próxima primavera. Segundo anunciou Benítez, a Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases do concurso internacional de ideas. Os aspirantes deben demostrar un amplo grao de coñecemento e unha traxectoria profesional destacada no ámbito do deseño estrutural e desenvolvemento de pontes ou pasarelas singulares, tendo realizado nos últimos 15 anos deseños e proxectos e direccións de obra de alomenos dous viadutos cun van superior a 75 metros.

Autoridades de Vilanova de Cerveira e de Tomiño, entre elas a alcaldesa Sandra González e Uxío Benítez, durante a presentación da ponte peonil sobre o río Miño
Autoridades de Vilanova de Cerveira e de Tomiño, entre elas a alcaldesa Sandra González e Uxío Benítez, durante a presentación da ponte peonil sobre o río Miño | Fonte: tomino.gal

Os obxectivos da actuación no parque transfronteirizo son promover a mobilidade suave e o reparto de equipamentos, contribuír na estruturación dunha rede de corredores verdes a nivel transfronteirizo, constituír unha porta de entrada na rede de vías verdes a través da estación de tren de Vila Nova e crear un espazo integrado para a promoción de iniciativas conxuntas de animación cultural, sensibilización sobre a protección da biodiversidade e a difusión do coñecemento sobre o Miño, todo isto coa vista posta na proxección internacional da marca Río Minho a través da posta en valor dos seus recursos endóxenos e económicos para atraer visitantes.

A iniciativa está encadrada nunha das actividades do proxecto VISIT_RIO_MINHO presentado á primeira convocatoria do Programa Operativo España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 Interreg V-A nunha candidatura conxunta da Deputación de Pontevedra coa CIM Alto Minho, os concellos do norte de Portugal, a Fundación CEER, o Centro Tecnolçóxico do Mar e a Univesidade de Vigo. Este proxecto obtivo un cofinanciamento do 75% de fondos FEDER.

Temas: TOMIñO PORTUGAL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

2 Mozo estudado

As relacións históricas entre Galicia e Portugal son unha mentira e algo moi recente, só hai que comprobar que a primeira ponte Galicia-Portugal é de 1884, antes pouco trato había, só aduanas e fortalezas defensivas, porque sempre foron culturas diferentes.

1 Miñoto

E xente facendo cola para pasar esas alfandegas, e matrimonios mixtos, e barcas levando pasaxeiros, e quintos fuxindo das levas, e ocupacións de vilas más guerras, e pobres buscando unha oportunidade, e moito contrabando,e .... Para que seguir?

2 teutonio

Bufff, canta ignorancia, da un paseo por Padrenda, Lobios ou Entrimo e pregunta á xente dalá.

3 FGdQ

Si "Mozo estudado" xa lle rompiches os esquemas, da amistade galego-portuguesa que nunca existiu. Que sigan cos seus contos.

4 nostrus

Mozo estudado. Déjalos que sigan con su fe. Serán tan dificiles de convencer como si a un ultracatólico le quieres cuestionar la virginidad de la Virgen. No hace muchos años los portugueses que venian trabajar a Valdeorras necesitaban pasaporte. De todos modos yo apuesto y apoyo la union y amistad con los portugueses y hacer que las fronteras sean maas permebles, porque para crear fronteras (incluso inetriores) ya esta el nacionalismo

1 JsjB

O Miño non nos une a portugal, separanos, endeben. A fronteira máis antiga da historia de Europa.

1 Leirachá

A fronteiras real está dentro da túa pobre cabeciña!

2 Alto valladar

Normal, a fronteira do lobulo frontal co temporal, a do cerebelo co lobulo occipital, etc..Para que haxa partes diferentes ten que haber fronteiras.

3 Desiderio

E seguro que entre a as partes do teu cerebro tamén falan distinto... Escoitas voces na cabeza que non se entenden!