The Telegraph propón que Banksy pinte na casa onde naceu Franco

De aceptar a oferta, sería a primeira vez que o enigmático artista pintaría unha das súas obras en España.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 25/08/2017 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

“Pobo español lanza unha campaña internacional para que Banksy pinte un graffiti na casa natal de Franco”. Así titula o xornal británico The Daily Telegraph unha estensa crónica na que se fai eco do campaña publicitaria polo certame cultural e artístico de 'As Meninas de Canido' na que se convida ao artista Bansky a participar neste evento.

Valado coa publicidade para chamar a atención de Banksy
Valado coa publicidade para chamar a atención de Banksy | Fonte: B. Senora para 1906-The Telegraph

De feito, e aínda que non estaba previsto polos organizadores, The Telegraph preguntou a un deles se podería ser a casa onde naceu o dictador Franco. “Penso que podería ser unha fantastica idea. A xente ben aquí só a ver a casa onde naceu Franco... Preferiría que viñesen a ver a Banksy”, suliñou ao xornal Eduardo Hermida, un dos organizadores deste certame.

Precisamente,  o artista Eduardo Hermida é o principal impulsor da iniciativa que que ten coma principal novidade neste 2017 "a implicación dun mecenas", en alusión á marca cervexeira Estrella Galicia. De feito, foi esta marca a que pagou a campaña publicitaria en valos exteriores en Reino Unido e mensaxes dirixidas a Banksy en diarios europeos como The Times, The Daily Telegraph, A Repubblica, Le Parisien ou The Guardian.

The Telegraph fíxose eco destas mensaxes publicitarias e aproveitou para facer tamén unha estensa reportaxe –non se sabe se pagada ou non pola cervexeira coruñesa-- para instar a que Banksy vaia a Ferrol. O emblemático artista, de identidade descoñecida, ten numerosas obras urbanas recoñecidas a nivel mundial en varias cidades de todo o mundo, sobre todo en Londres.

Reservarase o barrio de Canido

"Para nós o feito de que poida vir Banksy é o máximo ao que podemos aspirar nun festival de arte urbana como o noso, onde este autor descoñecido é a maior representación da arte urbano e a súa presenza sería un privilexio para nós e para a propia cidade de Ferrol, xa que o ter no barrio de Canido unha das súas obras, sería un gran reclamo no aspecto turístico da cidade", sinala Herminada.

Orixinalmente, a compañía cervexeira, propuxera reservar un espazo no barrio de Canido para Banksy, aínda que a idea de The Telegraph podería mudar as intencións do artista se chega vir á cidade departamental. No caso de que acuda á cita, esta sería a primeira obra oficial do autor en España, posto que a que se atopou en San Sebastián foi borrada e nunca se chegou a confirmar a súa autoría.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Anonymous

Pretender que Banksy viaje a una ciudad y realice una de sus joyas artísticas en respuesta a una campaña publicitaria patrocinada por una empresa es no tener ni puñetera idea de qué/quién es Banksy. Ignorancia (o arrogancia) capitalista. Estrella Galicia haciendo el ridículo.

1 Yaestabien

Por que aún no se tiro dicha casa ah si porque esto es una dictadura fascista disfrazada de democracia en la que los periodistas han dado una vergüenza enorme callandose noticias sobre el rey y compañía y aún hoy lo siguen haciendo y se llaman periodistas.