Irlanda quere quitarlle a Vigo as descargas do Gran Sol

O Goberno de Irlandes contratou unha asesoría, cofinanciada con fondos da Unión Europea, para tratar de captar para a Illa as capturas da flota do Gran Sol. Esa consultora xa contactou cos armadores vigueses para tratar de convencelos da mudanza. E polo de agora, os empresarios galegos non lle pechan a porta.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 05/09/2017 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

“É lexítimo e a competencia está aí”, declarou esta mañá a RNE o xerente de ARVI, José Antonio Suarez Llanos. O representante da patronal argumenta que até hoxe os armadores foron quen “asegurar que o volume de cantidade diaria, a pesar de que moitos barcos se pasaron a outras bandeiras”.

Enrique López Veiga, presidente do Porto de Vigo
Enrique López Veiga, presidente do Porto de Vigo

Para acceder as cotas doutros estados, moitos armadores galegos abandeiraron os seus pesqueiros en países como, precisamente, Irlanda, o Reino Unido e Francia. Até hoxe moitos seguiron apostando por comercializar dende Vigo, traendo o peixe en camións. 

O BREXITO MODIFICARÁ O MERCADO

Agora ben, a situación podería cambiar co Brexit. O sistema de cotas será reformado e Irlanda quere aproveitar o río revolto para que os armadores poxen nas súas lonxas, máis próximas. 

Dende ARVI reclaman a Unión Europea un programa de incentivos para evitar que isto suceda. En concreto, que os armadores galegos poidan alugar as cotas correspondentes doutros países de xeito estábel. Argumentan que estados como Francia e Bélxica non esgotan toda a súa parte, deixando até 6.000 toneladas sen pescar ao ano.

Panorámica de Porto de Vigo
Panorámica de Porto de Vigo | Fonte: Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta