25.000 persoas asinan a prol do uso normal no galego nas relacións comerciais

A Mesa pola Normalización fixo balance da recollida de firmas para a presentación da Iniciativa Lexislativa Parlamentaria “Sentido Común”. Agora comeza os contactos cos partidos políticos e outras institucións para tramitala na Cámara Galega.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 08/09/2017 | Actualizada ás 11:46

Comparte esta noticia

Segundo datos dados a coñecer esta mañá, na recta final de recollida de apoios a ILP “Sentido común” supera as 25.000 sinaturas. A iniciativa fai énfase en que o galego debe ter os mesmos dereitos nas relacións comerciais.

Presentación do resultado da ILP da Mesa hoxe en Santiago
Presentación do resultado da ILP da Mesa hoxe en Santiago

Así demanda que “se garanta en todos os casos o dereito á atención e a recibir e usar o galego en calquera información, avisos ou instrucións, de maneira oral ou escrita, calquera que sexa o formato, así como contratos e formularios”.  Hoxe en día, usar o galego para, por exemplo, tramitar documentación nun notario ou contratar unha conexión de gas é case unha utopía.

“A oficialidade do galego ten que deixar de ser una simples declaración para se converter nunha realidade visíbel e audíbel, e xa que logo absolutamente practicábel, algo que non acontece en Galiza, como demostran as continuas queixas que tramita a Mesa e o grande número de apoios recibidos”, declarou en rolda de prensa esta mañá Marcos Maceira, presidente da Mesa.

MÁIS DO DOBLE DE SINATURAS PRECISAS

O colectivo logrou duplicar o número de firmas necesarias para tramitar a ILP e aínda hai tempo para rubricar o texto.  A Mesa di solicitou xa reunións con todos os grupos parlamentares, Fegamp, Consello da Cultura Galega, Secretaria Xeral de Política Lingüística e Dirección Xeral de Comercio e  Consumo para avanzar na súa aprobación. 

Con todo, está por ver a postura do PPdeG. Os conservadores, que en teoría están a prol da normalización do idioma como indica o Plan de Normalización, levan lustros sen tomar medidas concretar para regular o seu uso no campo comercial e resulta moi improbábel que, malia os esforzos da Mesa, agora cambien de postura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Bravo

estas son medidas que sí valen a pena. Adiante!