A Audiencia da Coruña estima o recurso de Marina Castaño e di que un xurado popular non pode xulgar a súa causa

A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago de Compostela, estimou o recurso presentado polos acusados no caso da Fundación Cela, entre eles Marina Castaño, para que un xurado popular non xulgue a súa causa.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2017 | Actualizada ás 19:49 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago de Compostela, estimou o recurso presentado polos acusados no caso da Fundación Cela, entre eles Marina Castaño, para que un xurado popular non xulgue a súa causa.

Mariña Castaño saíndo dos xulgados de Padrón caso Fundación Cela
Mariña Castaño saíndo dos xulgados de Padrón caso Fundación Cela | Fonte: Europa Press

Segundo informou este luns o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a Audiencia Provincial entende que a causa debe ser xulgada polos maxistrados da propia sección xa que aos investigados se lles acusa dunha "malversación impropia" na xestión da Fundación. Contra esta resolución, as partes teñen dez días para interpor un recurso de apelación ante o TSXG.

Este tipo de delito, segundo indica a sala, é aquel que "pode ser cometido por persoas que non teñen a condición de funcionarios públicos" polo que "non sería competencia da Lei de Xurado", que limita a súa competencia aos labores polos funcionarios públicos no exercicio dos seus cargos e sobre caudais públicos.

En concreto, nesta causa permanecen acusados, ademais da viúva do escritor, o que era xerente da Fundación Camilo José Cela, Tomás Cavanna; así como o exconselleiro de Contas Dositeo Rodríguez e a súa filla, Covandonga Rodríguez.

Esta decisión prodúcese despois de que o Xulgado de Instrución número dous de Padrón desestimase os recursos de reforma interpostos por Mariña Castaño e Tomás Cavanna contra o peche da instrución desta causa, que a priori ía ser xulgada por un tribunal do xurado.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Raiano

Porque Dna. Marina , non fia do criterio do xurado . Debe ser vostede. ?????. pois xa o di a vox populi. ..Si son culpable quero un xurado. popular . Si inocente un xurado profesional

1 luís ferrolán do pisco

Porque Dna. Marina , non confía na voz da pleve .