A oposición censura o “insensible” discurso de Feijóo

En Marea, PSdeG e BNG critican tamén as palabras do rei Felipe VI por non facer un chamamento ao diálogo en Cataluña e censurar a violencia policial.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/10/2017 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

Insensible, vacío, inexistente ou falto de proxectos. Así definiron os principais líderes da oposición en Galicia o discurso que Feijóo realizou este mércores durante o debate do estado do país, un debate que o presidente da Xunta centrou, sobre todo, na problemática de Cataluña.

Pleno Do Parlamento de Galicia
Pleno Do Parlamento de Galicia

Así, a voceira nacional do BNG, Ana Pontón, acusou ao presidente galego de entregarse ao discurso "irresponsable" da extrema dereita de do Goberno central. "Nun momento político excepcional, bota máis dinamita contra a arquitectura do Estado", dixo. "A solución non é renegar do diálogo e da concordia, senón que esixe unha solución política", indicou.  Ademais, criticou a Feijóo por, dixo, "ter o síndrome do Monte Pío" --a residencia oficial dos presidentes galegos-- por "vivir alleo aos problemas da xente".

No mesmo sentido, o voceiro parlamentario do PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga cualificou de "vacío" o discurso de Feijóo e dixo que este foi un "ano perdido" no que non se solucionaron os principais problemas dos galegos. "Carece de proxecto para o conxunto de España e o único proxecto que ten chámase Alberto Núñez Feijóo", dixo ao indicar que o seu partido entende que é compatible manter a orde constitucional cun diálogo que leve a unha reforma da Constitución.

Pola súa banda, o líder de En Marea, Luís Villares, acusou a Feijóo de utilizar Cataluña para "obviar" os problemas de Galicia. "Non falou da xente que deixou tirada na crise, nin fixo propostas para crear emprego, da mocidade ou da violencia de xénero".

Discurso do rei

Os tres dirixentes políticos tamén se referiron ao discurso do rei e os tres coincidiron en que non fixo alusións a solventar o conflito catalán a través do diálogo. Así, Villares criticou que Felipe VI tentara dar lecións de democracia, cando el non foi elixido democráticamente. "Foi moi desafortunado porque se situou fóra da resolución dun problema que é democrático", dixo.

Leiceaga dixo compartir con el a súa defensa da orde democrática pero lamentou que non fixera unha chamada ao diálogo e á resolución dun problema "que ten que ser política e no Congreso". "Foi desafortunado e impropio e en ningún momento se referiu aos cidadáns que foron agredidos", criticou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta