Temas: CATALUñA

O día que se proclame a independencia de Cataluña haberá mobilizacións en Galicia

Sete concentracións con cazolas no país proclamaron este mércoes pola noitiña que “non temos medo” tras o discurso de Felipe VI. En concreto, houbo concentracións en Compostela, A Coruña, Vigo, Lugo, Ourense, Pontevedra e Ferrol. Os manifestantes foron convocados pola Plataforma Galiza con Catalunya, que agrupa a máis de 30 organizacións nacionalistas de esquerdas. Un colectivo que agora anuncia novas mobilizacións de cara a previsible e polémica Declaración Unilateral de Independencia.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/10/2017 | Actualizada ás 13:42

Comparte esta noticia

As protestas serán o propio día en que se emita a DUI, previsiblemente o luns. Serán “para celebrar a consecución da independencia” ou, no caso de que o Estado Español persista na súa “actitude represiva” e o faga impedindo que se proclame a independencia, para condenar tal hipotético feito. Así o explicaron este luns os seus voceiros en rolda de prensa en Santiago.

Xornada de folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia
Xornada de folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia | Fonte: Miguel Núñez.

 

A Plataforma aproveitou para cargar contra o presidente da Xunta por “criminalizar o exercicio digno do dereito de autodeterminación do pobo catalán, e non reivindique ese mesmo dereito para Galiza como nación que é” durante o Debate de Estado de Autonomía. Xunto a isto a plataforma considerou que a “brutalidade das actuacións da Garda Civil e da Policía española, o regueiro de persoas feridas que deixaron e as imaxes que están hoxe a escandalizar o mundo malia seren negadas polos principais axentes mediáticos non poden ficar impunes”.

 

O manifesto ao fío das cazoladas de onte acusa ao Estado de apostar unicamente pola “vía represiva”. A Plataforma argumenta que foi o propio Goberno Central quen desconectou a Cataluña do Estado e defende a “vía catalana de desobediencia e resistencia frente ao réxime do 78”.

manifestación convocada pola plataforma Galiza con Catalunya a favor da celebración do referendo
manifestación convocada pola plataforma Galiza con Catalunya a favor da celebración do referendo

 

Temas: CATALUñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

6 anonimo

Haberá manifas pero moi pequeñas. As " mais de trinta organizacións" convocantes son todo a mesma xente con nomes diferentes.

5 Freixo

O tr0ll fascista com vários nicks excretando pola sua boca o que expele por outro buraco do corpo.

1 Mundo lusista

Tes que explicar ese concepto, sae pola boca e por atrás simultaneamente?

4 Ejjj que vamos

E que fagan máis, cada manifa é un escano máis para o PP.

3 Fernando G

En el PP gallego se frotan las manos con estas convocatorias. Otra mayoría absoluta más para el PP, y de remate, ya tenemos sustituto para Mariano: Alberto Núñez Feijóo, que de haber elecciones en 6 meses, no baja de los 180 escaños.

2 a tope

Na última manifa eran 200. Na vindeira serán 150, sempre que non xogue o Madrí ou o barsa que entón serán 75. Pero Galiza está a tope con Catalunya e tal