A vida dun guerrilleiro galego

Por Galicia Confidencial | Ourense | 09/12/2010 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

'O meu nome é Luis Ferreiro' recolle a vivencia de varios loitadores antifranquistas, entre eles, ao famoso Camilo de Dios.

Os seus pais foron tamén loitadores antifranquistas e Camilo comezou a actuar tamén de enlace aos 13 anos. En 1948 incorporouse á loita armada contra o réxime no seo da 2ª Agrupación Guerrilleira, participou no ataque á fábrica de armas da Coruña. En xullo de 1948 formou nun grupo ao mando de Juan Sorga  que intentou liberar aos líderes guerrilleiros condenados a morte que agardaban na cadea coruñesa, mais a captura de dous enlaces levou ao fracaso da operación.

O 18 de marzo de 1949 foi ferido nun enfrontamento coa Garda civil en Ourense, detido e condenado a morte nun consello de guerra que se celebrou na Coruña, pero as autoridades conmutáronlle a pena pola de 30 anos pola súa pouca idade. Pasou a maior parte da súa condena en El Dueso e en 1959 as autoridades liberárono. Nos anos 60 participou na organización das Comisións Campesiñas na comarca da Limia e na reorganización do PCE na provincia de Ourense. Foi concelleiro en Sandiás e Xinzo de Limia. O seu testemuño aparece nos documentais A cidade da selva de Pilar Faxil e Helena Villares e Bandoleiros ou guerrilleiros de José Sanmartín e Alfredo García Pinal. Agora unha nova cinta, 'O meu nome é Luis Ferreiro', narra as súas vivencias.

 

Outra parte do documental recolle as vivencias doutro guerrilleiro que se traslada a Rusia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

6 Lobo

Estiven onte en Vigo, ollando este documental, e a verdade e que impresionoume, non soio pola calidade human de Luis "Ferreiro" o seu compromiso militante, a sua valentia, a sua honestidade,que non me doen prendas afirmar dende a filas do nacionlismo marxista, (por certo louvado (UPG) sin envexas pacatas)que deberia ser un exemplo a seguir por moitos "militantes" de postos e prebendas que viven do traballo calado e consecuente de moitos "Ferreiros" que ainda estan en plena actividade, parabens para o PC, inda que non comparta moitos dos seu puntos de vista e Descubrome ante HOMES como Camilo e Luis "Ferreiro"

5 Gharelo

Camilo de Dios e muitos outros coma ele som exemplo de Dignidade e Valor. Rebelar-se contra umha Ditadura, jogar-se a vida por umhas ideias, em definitiva luitar pola Liberdade fai mais merecida que nunca umha homenagem. Mágoa que Galiza nunca se distinguiu por ser um país excessivamente agradecido.

4 Galicia Confidencial

É realmente unha molestia ter que perder o tempo borrando comentarios con insultos. Por favor, o GC ten máis de 2.500 usuarios únicos cada día, e son menos de dez os que molestan enchendo os foros con descualificacións que só lles interesan a eles mesmos. A esa minoría animámola de novo a contribuír dun xeito educado ou a buscarse outra web na que enredar. Aos moitos que contribuídes ao debate, dende a postura que seña, dun xeito respectuoso, moitas gracias pola confianza depositada neste medio.

3 Manoliño

O do segundo video di que chegou á URSS e percibiu unha "sociedade mais aberta, mais libre" XD Ambos, como comunistas, loitaban por impor un réxime como o da URSS ou un réxime democrático? Nada se lles debe. Foi o pobo español o que evolucionou de seu e trouxo sen a súa axuda a democracia. Por outra banda, estes señores, en tanto que "guerrilleiros" suponse que empregaban armas, logo consideraban que o fin xustifica os medios, ou sexa, que poderían ter matado.

1 Demagoxia NON

Tío, ti que tomas. A sociedade tivo 40 anos de ditadura onde te torturaban e te mataban por menos do que eu estou a escribir aquí. O réxime matou miles de veces e ti aquí te estás collendo a pirola con papel de fumar porque este levaba armas?

2 Manoliño

Ou sexa, que para ti o fin xustifica os medios? Como o Caudillo firmaba penas de morte, estes podían matar... Por outra banda, que o estado tivera pena de morte, como moitos do seu entorno, non significa que as condeas foran inxustas, con independencia de que se estea a favor ou en contra da pena de morte, caso do Foucellas, que non se sabe que as mortes que fixo foran declaradas ilegais, e en consecuencia, que os tribunais anularan esas condenas. En resumo: a día de hoxe, as conductas que se queren santificar destes "guerrilleiros", seguen sendo consideradas un delicto.

3 Manoliño

Onde digo ilegais, debe dicir legais. E xa que estou aquí, non sei até que punto este tipo de homenaxes non supoñen un ensalzamento do terrorismo e poderían ser perseguibles. Nin foi legal o que fixeron, nin o é agora. Poidéronselles perdoar os delictos coa lei de amnistía, pero as sentencias non foron anuladas.

2 Un gallego en Madrid

Ya estais los de Galicia Confidencial haciendo proxelitismo de los mismos. Acaso los miles de asesinados por los republicanos en Barcelona y Madrid no cuentan. Ellos también fueron unos inocentes.

1 Demagoxia NON

Non hai peor discriminación que a comparación entre dous que non son iguas. As guerras son terríbeis. Morreron dos dous bandos. Ninguén vai a poñer a balanza a ver quen matou máis neses anos aínda que está máis que claro. O problema foi a limpeza ideolóxica e os paseos onde, xa nos anos de paz como lle chamabades, se seguiu asasinando a calquera que non comulgase co réxime. Que non se terxiverse a verdade e que non se trate de meter a todo o mesmo no mesmo saco porque non foi así por moito que os Goebbelianos o intentedes