A vida dun guerrilleiro galego

Por Galicia Confidencial | Ourense | 09/12/2010 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

'O meu nome é Luis Ferreiro' recolle a vivencia de varios loitadores antifranquistas, entre eles, ao famoso Camilo de Dios.

Os seus pais foron tamén loitadores antifranquistas e Camilo comezou a actuar tamén de enlace aos 13 anos. En 1948 incorporouse á loita armada contra o réxime no seo da 2ª Agrupación Guerrilleira, participou no ataque á fábrica de armas da Coruña. En xullo de 1948 formou nun grupo ao mando de Juan Sorga  que intentou liberar aos líderes guerrilleiros condenados a morte que agardaban na cadea coruñesa, mais a captura de dous enlaces levou ao fracaso da operación.

O 18 de marzo de 1949 foi ferido nun enfrontamento coa Garda civil en Ourense, detido e condenado a morte nun consello de guerra que se celebrou na Coruña, pero as autoridades conmutáronlle a pena pola de 30 anos pola súa pouca idade. Pasou a maior parte da súa condena en El Dueso e en 1959 as autoridades liberárono. Nos anos 60 participou na organización das Comisións Campesiñas na comarca da Limia e na reorganización do PCE na provincia de Ourense. Foi concelleiro en Sandiás e Xinzo de Limia. O seu testemuño aparece nos documentais A cidade da selva de Pilar Faxil e Helena Villares e Bandoleiros ou guerrilleiros de José Sanmartín e Alfredo García Pinal. Agora unha nova cinta, 'O meu nome é Luis Ferreiro', narra as súas vivencias.

 

Outra parte do documental recolle as vivencias doutro guerrilleiro que se traslada a Rusia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

1 orgulloso do que son

todo o meu recoñecemento e gratitute a este home que loitou e sufriu nas propias carnes a dureza do franquismo. A memoria viva dos que loitaron contra a dictadura e os seu crime de lesa humanidade