O Lugo, vitoria e co-liderado

O equipo lucense vence 0-1 en Alcorcón cun gol de Ignasi Miquel no tempo engadido e suma 19 puntos, empatado co líder Osasuna. "Esta vitoria é para Galicia e para todos os guerreiros que axudaron na extinción do lume", foi a dedicatoria do club no seu twitter.

Por gcdeportes | Lugo | 17/10/2017 | Actualizada ás 00:58

Comparte esta noticia

Ficha técnica:
AD Alcorcón 0:
Casto; Laure, David Fernández, Hugo Álvarez, Soriano; Errasti; Álvaro Peña (Nono, 65’), Toribio, Dorca (Borja Domínguez, 82’), Álvaro Giménez e Borja Lázaro (Jonathan Pereira, 69’).
CD Lugo 1: Juan Carlos; Campadabal, Bernardo Cruz, Ignasi Miquel, Luis Ruiz; Seoane, Ramón Azeez; Iriome, Campillo (Albarracín, 77’), Polaco Fydriszewski (Mario Barco, 84’) e Cristian Herrera (Sergio Díaz, 62’).
Gol: 0-1: Ignasi Miquel (minuto 92).
Árbitro: Prieto Iglesias (navarro). Amarelas a Errasti (minuto 82) no Alcorcón e a Campillo (30’) e Mario Barco (87’) no Lugo.
Incidencias: partido da 10ª xornada de Segunda División disputado no estadio de Santo Domingo ante 2.125 espectadores.

“Esta vitoria é para Galicia e para todos os guerreiros que axudaron na extinción do lume. Orgullosos da nosa xente #ForzaGalicia”. Con esta mensaxe en twitter celebrou o CD Lugo a sús vitoria en Alcorcón.

O eqipo lucense, cunha camisola co lema 'Forza Galicia'.
O eqipo lucense, cunha camisola co lema 'Forza Galicia'. | Fonte: @CDeportivoLugo

Outra volta no tempo engadido, como co Zaragoza e co Barça B. Un gol de Ignasi Miquel no minuto 92 deulle a vitoria ao Lugo en Alcorcón, a primeira en seis visitas ao estadio Santo Domingo en Segunda División. É o sexto triunfo lucense en dez xornadas, máis un empate, que lle serve para ser co-líder da categoría con 19 puntos, os mesmos que Osasuna.

O meta Juan Carlos foi o grande protagonista lucense no primeiro acto, cun paradón a remate de Dorca que evitou que o Alcorcón, necesitado tras catro derrotas consecutivas, se adiantase no marcador. O partido mudou tralo descanso, cando o Lugo mellorou, adiantou as súas liñas e comezou a chegar con ocasións á área rival. A primeira foi un disparo de Campillo que parou Casto e pouco despois un remate de Cristian Herrera. O Lugo estaba preto do gol, liderado por Ramón Azeez, e buscou con ambición a meta rival nos últimos minutos. A insistencia lucense tivo recompensa no tempo engadido, cun tanto de Ignasi Miquel, que rematou coa testa unha falta lanzada con precisión por Nico Albarracín.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta