Coñece como actuaron os bombeiros de diferentes partes de Galicia o domingo negro dos lumes

GC publica os partes de actuación de diferentes parques de bombeiros que relatan como foi a súa actuación e a coordinación da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) durante a terrible vaga de lumes deste outubro. Unha actuación que foi improvisada e voluntaria debido a descoordinación dos mandos da Xunta.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 22/10/2017 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

Este é o parte da actuación dos bombeiros de diferentes partes de Galicia durante a vaga de lumes do domingo e as súas conclusións sobre o acontecido:

Loita contra o lume en Zamáns (Vigo), en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Loita contra o lume en Zamáns (Vigo), en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

Contamos deseguido as frustrantes experiencias vividas nos parques de bombeiros públicos próximos a catástrofe:  

-Bombeiros Pontevedra: Póñense en contacto directo cos bombeiros de Vigo,e  sen ningún tipo de mediación da AXEGA, decídese destinar a Ponteareas unha dotación de bombeiros, intervindo esta durante a tarde do domingo ata ser relevada por outra dotación de Pontevedra sobre as 3:00 da madrugada, traballo que remata sobre as 8:00.

No transcurso deste tempo, mantense no parque de Pontevedra a 15 bombeiros, dos cales a maioría acudiron de forma voluntaria, esperando unha mobilización por parte da AXEGA para acudir a Ponte Caldelas, a cal nunca chegou.

-Bombeiros de A Coruña: Son eles o que se poñen en contacto ca AXEGA ofrecendo os seus servizos durante a mañá do día 15. Sorprendentemente ata ás 23:30 do domingo a Xunta non require aos Bombeiros de A Coruña, saíndo estes do parque da cidade sobre as 00:10 horas con destino a Santa María de Oia unha dotación de 3 camións. Cando rematan as tarefas en Santa María seguen traballando nos montes mais próximos ata ser relevados por outra dotación de A Coruña en Ponteareas.

Loita contra o lume en Zamáns (Vigo), en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Loita contra o lume en Zamáns (Vigo), en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

-Bombeiros de Deza-Tabeirós-Terra de Montes: Según información dos compañeiros, no parque comarcal son alertados sobre as 18:00 horas do domingo, que sumándose aos 3 bombeiros de garda conseguen ser 9 cos reforzos. Actúan na zona de Silleda, parroquias de Cortegada e Siador. Rematan as tarefas ás 7:00 do luns.

-Bombeiros Ourense: A información que temos sobre o servizo municipal de Ourense é que, a petición do Alcalde, foron chamando persoal en día de descanso a partir das 19:00 horas do domingo. Asignan ao parque cubrir toda a comarca de Ourense, ao estar os respectivos medios fora. Activan a 4 efectivos ás 19:50 que saen para A Peroxa, os cales traballan na zona ata as 22:00 horas, a mesma dotación se despraza a O Pereiro de Aguiar, rematan ás 3:52 horas. Ata O Pereiro de Aguiar é desprazada outra dotación sobre as 4:54, rematando ás 9:32 horas. A fin de contas, o aportado polo servizo de Ourense aos incendios forestais foi unha autobomba ca súa dotación.

-Bombeiros Santiago: Na cidade de Compostela non recibiron ningunha chamada da AXEGA solicitando colaboración na extinción dos lumes da Comunidade. Polo que nos din, tiveron a intención de enviar unha nodriza, pero non chegaron a levalo a cabo.

-Bombeiros Lugo: Na cidade de Lugo encontrábanse 6 efectivos de garda, chamaron a 4 efectivos máis para reforzar o cadro sobre as 17:30, xa que se encontran desbordados polas chamadas, as cales non daban atendido.

Como vemos dáse unha gran disparidade en canto a horarios e formas de activación, pero o que si se repite e a autoorganización dos parques cando o que estamos a tratar é a activación do Nivel 2 debido ás condicións da catástrofe que tiña lugar en terras galegas. Hai que ter en conta que con este nivel declarado todos os medios pasan a ser de utilidade/necesidade autonómica pero o que se percibe é que carecen de dirección por parte da AXEGA, o organismo responsable.

A falta REGULACIÓN e a SEGREGACIÓN do sector.

O servizo de Emerxencias de Galicia está totalmente desregulado e segregado. O incumprimento da LBRL 7/1985 (Estatuto específico), modificada pola Lei 27/2013 (exercicio de funcións en exclusiva por funcionarios públicos). Por outro lado a Lei de Emerxencias de Galicia (homoxeneizar no prazo de tres anos os SPEIS galegos) atópase sen desenrolar dende hai máis de 10 anos. Isto da a entender que a Xunta está a obviar a súas obrigas nesta materia.

Esta desidia da lugar a que cada concello, deputación, e incluso a propia Xunta de Galicia teñan que crear diferentes corpos para prestar este servizo. Dando lugar a un conglomerado difícil de entender e de xustificar, precario e desorganizado formado por:

-Bombeiros Públicos en concellos de máis de 20.000 habitantes (funcionarios de carreira).      -Bombeiros Comarcais Públicos (persoal laboral). 
-Bombeiros Comarcais privados.
-Grupos de emerxencias supramunicipais (GES).
-Brigadistas da xunta.
-Brigadas forestais municipais.
-Brigadistas da empresa Seaga.
-Brigadistas da empresa Tragsa.
-Protección civil, etc…
-CIAE 112 (centro integral atención ás emerxencias).  

Como se pode deducir isto fai realmente complicado realizar unha xestión rápida, eficiente e coordinada. Danse problemas gravísimos de comunicación, burocracia excesiva, tempos inadmisibles de resposta, etc... O cal lle añadimos unha formación precaria e desregulada, a falta de procedementos de traballo, etc...

En canto aos nosos montes:

Si botamos unha ollada atrás veremos que non é unha novidade para os galegos ver arder o noso monte. No ano 1989 tivo lugar un desastre ambiental no que arderon arredor de 200.000 hectáreas en toda Galicia, sendo este desastre o impulso para o Plan Forestal de Galicia 1992-2030. Un plan no que o primeiro obxectivo era a estruturación dos espazos forestais, entre outra cousas, pero vemos que transcorridos máis de 20 anos os orzamentos se van concentrando na extinción de incendios (carecendo de prevención) ca escusa de dar seguridade aos propietarios forestais, seguridade inexistente xa que seguen producíndose incendios como por exemplo os do ano 2006. Precisamente despois de outro desastre como o do 2006 nacen medidas como a Lei de emerxencias de Galicia 5/2007, o Estatuto da AXEGA (decreto 223/2007) e o PLATERGA que nos seus comezos podían ir ben encamiñadas pero pensamos que, por razóns ideolóxicas tal vez, só quedaron en proxectos. No outubro deste 2017 prodúcese outro novo desastre, esperemos que sexa o paso previo a unha REGULACIÓN dos servizos de emerxencias e a un RESCATE dos mesmos de mans privadas e da PRECARIEDADE reinante.

A conclusión está clara:

Os Servizos de Emerxencias son servizos públicos esenciais, nos que se desenrola a súa actuación desde o exercicio da autoridade, polo tanto, deben ser reservados á xestión directa por parte de funcionarios públicos. Apostando por servizos profesionais e de calidade, debidamente organizados e formados para poder dar resolución ás emerxencias.É necesaria a creación dun servizo homoxéneo, e dotar á AXEGA de capacidade de coordinación dos recursos catalogados na Comunidade Autónoma.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 Manolodeza

E logo, digo eu, ¿non había mais Bombeiros actuando Nos distintos incendios?

3 Gamela

Galicia escoita, As Neves está en loita !!! https://youtu.be/ooeXmOnpvus

2 Undopobo

Pero aínda seguides co do lume? Eu ía mirar este diario para pasa-lo tempo e ler informacións varias pero vista a nova de cabeceira, vou pasar a outro medio. Ata dentro duns días. Ou mellor semanas, xa que polo cariz que levan as cousas

1 Españistan

Por favor poñede algo de Catalunya que o dos incendios xa aburre.

1 CIG mos manipulando

Menudo xeito fascista, partidista e interesado de tratar unha noticia. Rigor periodístico máximo deste GC que curiosamente sempre recaba opinións duha das partes, a mesma sempre, e logo din que os nacionalistas non manipulan....non manipulan pouco.

1 Fada loba

Exactamente podes indicar en que partes manipula? Creo que é o xusto para poder comparar.