PPdeG e PSdeG apoian o 155 en Cataluña; En Marea e BNG falan de “golpe de Estado”

A Xunta mostra "todo o apoio para a decisión que tome o Goberno". Leiceaga (PSdeG) defende unha aplicación do artigo 155 da Constitución "moderada, proporcionada e limitada no tempo". Pontón (BNG) fala dun "golpe á democracia inútil desde o punto de vista político". Villares (En Marea) considérao un "grave erro democrático". E Beiras (Anova) denuncia un "golpe contra a soberanía popular".

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 21/10/2017 | Actualizada ás 16:01

Comparte esta noticia

Reaccións encontradas entre as principais forzas políticas de Galicia trala confirmación de que o Goberno central aplicará o artigo 155 da Constitución española en Cataluña, o que supón a intervención desta autonomía. PPdeG e PSdeG amosan o seu apoio a este medida, mentres que dende En Marea e BNG critican duramente esta decisión, que cualifican de "golpe de Estado".

Manifestación en Lleida no día de folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia
Manifestación en Lleida no día de folga xeral en Cataluña tralo referendo de independencia | Fonte: Miguel Núñez.

XUNTA

A Xunta de Galicia, a través do seu vicepresidente, Alfonso Rueda (PPdeG), trasladou "todo o apoio" ao Goberno central na súa actuación sobre a crise aberta en Cataluña e as accións que deriven da aplicación do artigo 155 da Constitución española.

Rueda realizou estas declaracións na mañá deste sábado ao mesmo tempo que, en Madrid, reuníase o Consello de Ministros para estudar a intervención de Cataluña debido ao proceso soberanista iniciado polo Govern catalán.

"Desde a Xunta, todo o apoio para a decisión que tome o Goberno que, ata agora, todo o que está a facer é velar polo cumprimento da legalidade e das resolucións xudiciais", declarou Rueda.

Nesta liña, indicou que a aplicación do 155 é "consecuencia da actitude e movementos" do presidente da Generalitat, Carles Puigdemont, quen, para Rueda, esgotou "as oportunidades que se lle deron".

Así as cousas, o número dous do Executivo galego indicou que a intervención é unha decisión "non só en salvaguarda da unidade de España", senón tamén "en salvaguarda dos cataláns".

PSdeG

O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, defendeu unha aplicación do artigo 155 da Constitución "moderada, proporcionada e limitada no tempo" que teña como obxectivo "restaurar o autogoberno de Cataluña na súa plenitude" no "prazo de tempo o máis breve posible".

Así se pronunciou este sábado o dirixente socialista ao ser preguntado pola reunión do Consello de Ministros na que se debate as formas de aplicar esta medida así como pola postura dos socialistas respecto diso.

Sobre esta cuestión, Leiceaga asegurou "compartir" a opinión expresada polos responsables do Partido Socialista a nivel estatal que, "en principio, son favorables á aplicación deste artigo da Constitución" que "forma parte do ordenamento xurídico" español.

Así, lembrou que esta medida está prevista para "situacións de extrema gravidade" como a que, na súa opinión, "está a vivirse en Cataluña". "É a forma democrática e responsable de resolver un problema que está saído de todo o marco legal debido á actuación imprudente dos responsables da Generalitat".

Con todo, insistiu en que, tal e como defende o PSOE, a actuación debe ser "moderada" e "limitada no tempo" para "restaurar o autogoberno de Cataluña na súa plenitude no prazo de tempo o máis breve posible".

BNG

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, tachou de "barbaridade" a aplicación do artigo 155, no que considera un "golpe de estado" contra Cataluña.

Así, Pontón mostrou o seu "absoluto e total rexeitamento ás medidas acordadas entre o PP, PSOE e Ciudadanos", "nun golpe á democracia", "inútil desde o punto de vista político" porque "non se pode ilegalizar a vontade dun pobo que quere decidir en liberdade o seu futuro".

"Como pode ser que o PP, que só ten 11 deputados en Cataluña, vaia facerse co Goberno da Generalitat?", preguntouse Pontón, que ve esta situación "inaceptable".

Nesta liña, o BNG censura o que identifica cun "profundo erro, sen precedentes e con gravísimas consecuencias", á vez que mostra o seu non rotundo "á vía represiva" do Estado, que identifica cun "atentado democrático".

Asegura, que "o Goberno español tiña enriba da mesa dúas saídas": "Aceptar a oferta de diálogo formulada polo Goberno catalán con posibilidade de intermediación internacional en aras a buscar e acordar unha solución pactada" ou "negar esa posibilidade e dar unha resposta en clave exclusivamente represiva en todos os ámbitos".

"O Goberno español optou pola segunda opción e hoxe dálle carta de natureza e comezo formal a un proceso que terá importantes consecuencias políticas", o cal suporá tamén "unha clara dirección de recentralización".

EN MAREA

O portavoz de En Marea, Luís Villares, tacha de "grave erro democrático" o feito de aplicar o artigo 155 da Constitución, que supón "fulminar aos representantes que lexitimamente representan ao pobo de Cataluña".

"Acaban de deixar sen voz ao pobo de Cataluña e isto non é admisible en termos democráticos", sentenciou Villares, quen lembra que o Goberno e Parlamento de Cataluña "representan democraticamente a un pobo".

Neste sentido, censura que o PP, "que se mantivo sempre no inmobilismo", "elimina agora ao seu interlocutor" no que cualifica como un "conflito que é político".

Tras rexeitar a "supresión do autogoberno" de Cataluña, pediu "diálogo inmediato ás partes". "Reclamamos a paralización inmediata das medidas que acaban de ser anunciadas e pedimos a todas as partes que senten a dialogar", sostén.

"O que vimos durante estas semanas non é un problema que se resolva nin pola forza nin penalmente, este é un problema complexo, e o golpe ao autogoberno e ás institucións democráticas de Cataluña non o van a arranxar", reflexiona.

BEIRAS

Por último, o histórico dirixente nacionalista e fundador de Anova, Xosé Manuel Beiras, considera que a aplicación do artigo 155 da Constitución en Cataluña supón un "golpe de estado" para o que "non se dan as condicións".

"Non se pode facer un golpe de estado contra unha cidadanía que defendeu os seus dereitos heroicamente fronte ás cargas das forzas da desorde pública", denunciou este sábado nunha rolda de prensa ofrecida coincidindo coa reunión do Consello de Ministros que abordou a forma na que levará a cabo a aplicación deste artigo, que motivará a destitución de todos os membros do Govern.

Acompañado polo líder de Anova, Antón Sánchez, Beiras asegurou que hai varias semanas que a súa formación denuncia que, no conflito catalán, "non só estaba en xogo o dereito democrático da cidadanía catalá a decidir o seu destino como pobo" senón tamén "os dereitos e as liberdades de todos os cidadáns do Estado".

"Naquel momento xa dixemos que se estaba xestando un estado de excepción, que se operaba como nun golpe de estado", lembrou para deixar claro que "non se pode" dar un "golpe" contra unha cidadanía que exerce un dereito "fundamental" como é o da "soberanía popular".

Neste sentido, tamén cargou contra a decisión da Audiencia Nacional de "meter en prisión incondicional" a dous cidadáns, os líderes da Asemblea Nacional Catalá e de Ómniun, Jordi Sánchez e Jordi Cuixart, por "promover unha concentración de cidadáns absolutamente pacífica" e acusalos "de que foi violenta" e "mesmo dun delito de sedición".

Sobre o encarceramento de ambos os líderes, ademais, o portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez, denunciou que se "encarcere a cidadáns exemplares" mentres "os chourizos que saquearon o país están na rúa" con "privilexios".

Por iso, deixou claro que Anova "persistirá" na "batalla pola democracia real contra a represión" e en defensa dos "dereitos e liberdades" fronte a "aqueles que queren impor unha ditadura" no Estado español.

"O que hoxe parece unha cuestión catalá despois será unha cuestión dos nacionalistas galegos, dos independentistas ou sinxelamente de quen se atreva a desafiar ao réxime", manifestou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

6 ---

El próximo objetivo es quemar vivos a la minoría fascista y golpista enemiga del pueblo gallego Matemos nacionalistas con tiros en la nuca en las cunetas, son un grupúscullo marginal que no para de odiar e insultar a los gallegos espanholistas, que somos la i nmensa mayoría. A por ellos, a por sus casas, sus nucas.

5 Vivalarepublica

El psoe ya traicionó a la República y en tiempo de Felipe ya traicionó a los socialistas quien nos metió en la otan cuando dijo que otan de entrada no y hasta el fondo aunque el bng como no se suavice va a salir del Parlamento gallego corriendo que se deje de estrellas rojas y que sea menos radical sino ya sabe lo que le queda chupar fascismo en Galicia hasta que el pp acabé con los recursos y los paisajes y luego a otra cosa. Viva la republica

4 Eu mesmo

Leiceaga dacordo con violar as decisións do pobo catalán. Próxima parada PP

3 calquera

Fora as gadoupas hespanholas de Catalunya!

2 M. Meixide

Ana Pontón, para crer tan belas palabras hai que facer un xesto: romper gobernos co PsoE cómplice do fascismo do PP. Non hai outra, até Colau dixo que raxaría pactos. O aliado natural do PsoE é o PP. Destapamos dunha vez a farsa do réxime do 78 ou seguimos pactando e mamando? O grande dilema do BNG: decencia ou mamadurria? Facemos pedagoxía ou clientelismo? No momento actual non hai lugar para postureos, o BNG vai saír retratado, pode que coa dignidade ben alta ou como cobardes samesugas institucionales do réxime! Vostede escolla!

1 Sesese

Ase ver o que fai colau