40 anos do Museo do Pobo Galego con descontos en Internet

PuntoGal baixa os dominios a menos de 25€ máis IVE, dende o día 29 de outubro, data do aniversario do Museo, ata o día 12 de novembro.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/10/2017 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

PuntoGal, o dominio galego en internet, celebra este ano o 40 aniversario do Museo do Pobo Galego cunha rebaixa no prezo dos dominios. Nos rexistradores sumados a esta acción, as persoas interesadas poderán obter o seu .gal por un prezo máximo de 25 euros máis IVE dende o día 29 de outubro, data do aniversario do Museo, ata o día 12 de novembro.

Escadas do Museo do Pobo Galego
Escadas do Museo do Pobo Galego

O dominio xa conta con máis de 4.100 rexistros entre os que figuran institucións, entidades sen ánimo de lucro, empresas e particulares. Todas as páxinas activadas deben ter, canto menos, unha parte dos seus contidos na nosa lingua.

Para poder utilizar a promoción, os interesados deben dirixirse ós seguintes rexistradores: Dinahosting, Entorno Digital, CDMon e Arsys. As distintas políticas de prezos que ofrecen os rexistradores durante este periodo fará posible atopar dominios dende 24.45€ ata os 25€ máis IVE, polo que PuntoGal recomenda visitar todas as páxinas dos participantes na promoción para atopar a mellor oferta e servizo que se adapte ás súas necesidades. O dominio ten habilitada unha páxina con toda a información ó respecto en www.dominio.gal/promotions/.

A promoción, segundo informa a entidade nun comunicado, é resultado dunha colaboración co Padroado do Museo do Pobo, que inclúe tamén a difusión das actividades do Museo por parte de PuntoGal. Ademáis da promoción para o público xeral, a partir do 30 de novembro de 2017, os socios e socias do Museo do Pobo tamén se poderán beneficiar dun desconto na adquisición dos seus dominios a través dos rexistradores acollidos á promoción: Dinahosting, Entorno Digital e CdMon. Para eles o dominio .gal terá un prezo máximo de 13€+ive.

O dominio PuntoGal, xestionado por unha asociación sen ánimo de lucro co mesmo nome, ten previsto o reinvestimento dos beneficios que consiga, unha vez consolidado o dominio, en programas de promoción da lingua e a rede en Galicia. Nos vindeiros meses a asociación seguirá poñendo en marcha novas campañas sectoriais con colaboracións entre asociacións profesionais e culturais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta