Un home resulta ferido ao caer dende o muro dun encoro en Ordes (A Coruña)

Un home resultou ferido ao caer, por razóns que se descoñecen, dende un muro do encoro de Vilagudín, no municipio coruñés de Ordes.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2017 | Actualizada ás 13:20 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un home resultou ferido ao caer, por razóns que se descoñecen, dende un muro do encoro de Vilagudín, no municipio coruñés de Ordes.

O 112 Galicia recibiu o aviso do suceso ás 12,15 horas a través do 061, que informou de que mobilizara ao helicóptero con base en Santiago para atender ao ferido.

O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 alertou do ocorrido a Protección Civil e á Garda Civil.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta