Unha colisión entre un camión e un turismo en Vilalba (Lugo) sáldase cunha persoa trasladada

Unha persoa resultou ferida na tarde deste xoves despois de producirse unha colisión entre un camión e un coche en Vilalba, segundo informa o 112. A vítima foi trasladada á Clínica Ollos Grandes.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2017 | Actualizada ás 19:26 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha persoa resultou ferida na tarde deste xoves despois de producirse unha colisión entre un camión e un coche en Vilalba, segundo informa o 112. A vítima foi trasladada á Clínica Ollos Grandes.

O accidente tivo lugar no punto quilométrico 584 da A-8, sentido Baamonde. O 112 tivo constancia do ocorrido a través das alertas do camioneiro e do 061-Urxencias Sanitarias ás 15,20 horas.

Indicou no seu relato o condutor que o seu vehículo chocara contra un coche cando o turismo se incorporaba á autovía. Engadiu que o camión no que viaxaba non transportaba mercadoría perigosa.

Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) pasou o aviso á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Vilalba e a Protección Civil.

COLISIÓN ENTRE DOUS COCHES

Por outra banda, un choque entre dous turismos en Cuntis (Pontevedra) provocou que unha persoa resultase ferida. Os feitos producíronse na N-640.

Foi un particular quen deu a voz de alarma ao 112 ás 17,30 horas. Nese momento, o CIAE puxo os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil e do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Estrada.

SAÍDA DE VÍA DUN CAMIÓN

Por outra banda, en Vigo, un camión saíuse da vía sen que ningunha persoa resultase ferida. O sinistro produciuse na AP-9, concretamente no punto quilométrico 159, á altura da saída de Puxeiros, dirección Tui. Debido ao accidente, a circulación na autovía viuse condicionada.

Varios particulares alertaron do sucedido ao 112 ao fío das 12,55 horas. Sinalaron que o camión fixera unha tesoira. De inmediato, o CIAE alertou ao 061-Urxencias Sanitarias e á Garda Civil de Tráfico. Tamén informou a Protección Civil de Mos e ao persoal de control da autoestrada.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta