O maná eólico pasa de largo no rural galego

As cooperativas lácteas fican sen muíños, cuxos beneficios, segundo Ventonoso, marchan nun 99% lonxe das aldeas que sofren o impacto dos aeroxeradores. Cifras do reparto do PPdeG no interior.

Por Galicia Confidencial | Chantada | 20/11/2010 | Actualizada ás 05:19

Comparte esta noticia

Vento Noso é a asociación máis activa na defensa dos intereses dos propietarios dos montes nos que se instalan o muíños de vento. Crítica dende hai anos co reparto dos beneficios, este colectivo que agrupa a miles de veciños (4.000 segundo esta organización) calcula que os que sofren máis directamente o impacto dos muíños perciben menos do 1% do que vale a produción bruta dos aeroxeradores.

Ante o reparto dunha nova quenda de parques eólicos pola Xunta este venres, o colectivo agrario di que o Goberno peca de "triunfalismo".

A Xunta presume na súa presentación do reparto de 8.000 postos de traballo indirectos. Dos 3.100 indirectos, até 1.600 son relacionados coa construción e explotación dos muíños, polo que serán, polo menos nunha parte, temporais.

As cifras que prometera o bipartito, cunha cantidade similar de megawatios adxudicada, era tamén de 8.000 empregos.

Unha parte deses empregos proviña da oferta das cooperativas lácteas galegas, unha das triunfadoras do concurso do bipartito.  Coa anulación do anterior concurso "impediuse o potenciamento das cooperativas lácteas" láianse dende Ventonoso en referencia á coalición de Feiraco, Os Irmandiños e outras cooperativas do agro galego.

San José perde posicións

Desta volta, o Goberno do PPdeG fallou a prol principalmente de Gas Natural, que para a ocasión presentouse como Fenosa Wind, e Norvento, participada por Caixa Galicia. Jacinto Rey (dono da Constructora San José, de Xornal de Galicia e ANT) cuxa foto con Quintana (BNG) nun iate foi explotada pola dereita para desacreditar o reparto do bipartito, pasa de 142 a 29 megawatios.

Dende Unións Agrarias, o sindicato do rural máis próximo ao PSdeG, cualifican o reparto deste venres de “irregular”. E é que a anulación do concurso eólico do bipartito segue recorrida nos tribunais, sen solución definitiva por agora.

"Galicia perdeu o tren e isto, en tempos de crises, págase caro" advirten dende Unións.

None

Menos axudas públicas polo megawatio eólico

É evidente que o concurso eólico do PPdeG acada dous anos despois o estado de tramitación do deseñado polo ex-conselleiro Fernando Blanco (BNG), que tamén foi recorrido na Xustiza.

Como neste tempo as restricións estatais ás primas públicas ás enerxías renovábeis aumentaron, está por ver se efectivamente as adxudicatarias cumpren desta volta a promesa dos 8.000 empregos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

8 Palmeira

Que Jacinto é un máis non hai dúbida. Que o BNG deixou tirada á súa base electoral é verdá. Que moitos se achegaron ao Bipartito polo apego á moqueta tamén é certo. Que o PSOE controla o Xornal tamén. Ninguén, creo, a estas alturas pon en duda iso. Agora, que o reparto éolico do BNG era máis beneficioso para o País...é unha verdá coma un templo. Só tedes, por exemplo, que preguntar a algún traballador do sector. Xa estaban naves proxectadas para construír palas (que agora se fan en Nafarroa... por Gamesa entre outras).

1 Galerna

E agora Gamesa que conta 541 empregados en Galiza (moitos no rural mais de 250) posiblemente comece a despedir... " Gamesa, precisamente outro dos grandes esquecidos. O tecnólogo, que hai escasas semanas condicionou o mantemento dos 541 empregos que agora sostén en Galicia ao resultado do eólico, non levou nin un só megawatt como promotor e apenas 170 dos 1.200 que solicitaba como fabricante. Un resultado que, a pesar de que a empresa non quixo realizar onte valoracións, podería supor o desmantelamento de parte da súa estrutura produtiva." http://www.lavozdegalicia.es/dinero...

7 Palmeira

O reparto do BNG tiña varios obxectivos: -Potenciar as cooperativas lácteas galegas para blindalas das oscilacións no prezo do leite. -Aumentar os beneficios dos que poñen os terreos e aumentar a riqueza do rural galego (véxase o que pasou en La Muela - Zaragoza-) -Salvar da queima que supuxo a crise/mala xestión de Alfageme e crear dunha vez un grupo galego conserveiro forte. -Facer que a previsible fusión das caixas naquel momento fose viable e tivese menos ERE e menos cartos do FROB. O resto son parole, parole. Efectivamente o beneficio quedaba na Galiza e non ía para a CATALANA Unión Fenosa, Iberdrola, etc. Por certo Jacinto leveba moito menos que o que agora levan Puentes y Calzadas(empresa onde traballaba Hernández) e Copasa. Dúas constructoras que non lle chegan á sola dos zapatos a San José.

1 muiño para os nosos

O voso santo José e o seu home na terra, o varón Jacinto Rey, que agora andan detrás doutro negocio aereo non menos sospeitoso, sabido é que foran agraciados a cambio de investir en medios favorables... De risa, o Xornal está controlado polo PSOE de forma descarada (mesmo os que comezan de colaboradores acaban fichados polo partido), e o mérito do peche de ANT é do mesmo que ía salvala (coa miserable aportación da vella garda, Eire e compañía). O BNG non escolle ben aos amigos e despois fume e fotos (Quin, o abandeirado en iate). Os pecados polos que estes bloqueiros seguiran penando, polo menos por unhas lexislaturas.

2 sorro

hai palmeira, que se che ve a pluma... e que o Deportivo gañase a liga e o Celtiña ascendese, e que a canción do verán fose de Pili Pampin, e que as laranxas do Atlántico fosen máis doces e os kiwis maiores, e que aparecese petroleo na ría do Burgo... todo iso foise co vento, que pena, que tristura que non atenderan o reparto do BNG.

3 sorro

o lider fungo e en precario do BNG segue insistindo na legalidade do reparto... e que os galegos, xa se sabe, prefiren chorar que reclamar xustiza, ou non sería tan xusto o reparto? terían razón os que avisaran da posible ilegalidade e a cabezonería do bloque mandou continuar? cal é a diferencia, visto que se trata de favorecer negocios particulares (chámese San José, Feiraco, Alfageme, Puentes, Copasa, Rabelas, Caixa Galicia ou Gas Natural) entre BNG e PP? En que nos beneficiamos os que vivimos no rural, poñamos na Fonsagrada, en que sexan uns ou ouyros os escollidos? e non haberá responsabilidades nos xestores de empresas e cooperativas e nos políticos (tamén do BNG) da situación destes sectores para vir tapar a súa incapacidade co reparto alegre dos montes?

4 Enfin

Sorro, todas las sentencias, salieron favorables al reparto realizado por el BNG, el problema ahora, es que como le den la razón, a los recursos interpuestos por las empresas perjudicadas, nos va a salir por un ojo de la cara, el reparto chapucero e interesado del PP de Feijoo.

5 Galerna

Sorro andas perdidiño. "Dos sentencias del Tribunal tumban los argumentos de la Xunta actual para derribar el anterior concurso eólico" Xornal 25-5-2010 http://www.xornal.com/artigo/2010/0...

6 traidores e pelotazos

Sres de Unións Agrarias do PSOE despois do circo que organizaches no anterior reparto, quedou clamente demostrado que sodes os GRANDES TRAIDORES DE GALICIA; todo que digades carece de crediviliade. Do reparto actual, indicar que o mais penoso son os megavatios a que nos leva 100 anos expolianto (Union Penosa) a traves dos recibos da luz e do gas, e ainda por riba non é galega; do resto era de esperar, cado un apoia ao seus (un apunte, mirar as vinculacions do conselleiro Hernandez con algun dos beneficiados, por sea caso ??)

5 xandasbolas

A diferenza máis importante co concurso do bipartito é a non contemplación na puntuación de baremo referente a participación accionarial ou de beneficios da Xunta. Isa era a clave, o demáis tanto ten. Non importaba se a empresa era ou non galega, pois despois podería trocar de dono, pero sí era importante a consolidación entre un 10 ou un 15 por cento dos beneficios para a Xunta. Qué desfeita deste goberno, que ladróns.

4 modesto

Moi lixeiro o artigo, pódese mellorar... Imos ver, en primeiro lugar deben indicar que Ventonoso é o mesmo que Unións Agrarias, ou sexa o PSOE, polo tanto son tres persoas distintas opinando nun só deus verdadeiro (e para falar de limpeza hai que ter o pasado lavado, e se lembramos o reparto das axudas ambientais do bipartito estes teñen moito que calar). Segundo, pode ser rendible politicamente pero é un engano informativo manter que o beneficio dos muiños no anterior reparto era para o rural, pois haberia que ver onde se emprazan e de onde son os investidores (colonización interior, por chamarlle algo), e fixarse na existencia de grupos de capital risco foráneos que eran os que avalan economicamente ás cooperativas (e non o faran por amor á terra nin ao vento, sospeitamos). E despois, sabendo que no PP o negocio dase aos amigos, pódese criticar.

1 roberta

Pois supoño que no anterior concurso si beneficiarían máis ao rural no que se asentasen os muíños pois puntuábanse os parques que incluísen proxectos de desenvolvemento nos lugares de asentamento e mais que cederan unha porcentaxe do beneficio aos propietarios. Isto a maiores dos plans industriais e da participación pública a través da xunta.