PONTEVEDRA | 07/11/2017 | Actualizada ás 16:07 por EUROPA PRESS
O can que atacou a unha muller no municipio pontevedrés de Mos, unha señora de 76 anos, é un pitbull, unha raza de cans que está incluída en entre as potencialmente perigosas na Lei de benestar animal de Galicia. O can, identificado con microchip, pertence ao seu fillo.
O animal foi trasladado ao Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra, ao mesmo lugar onde foron a parar os dous cans que o pasado sábado atacaron a outra muller maior no municipio de Covelo. Neste último caso, os cans, cruzamento de dogo de Bordeus e bóxer, foron trasladados a un canil despois de pasar a corentena.
Fontes do organismo provincial confirmaron a Europa Press que, ao contrario que no caso de Covelo, o animal estaba "correctamente identificado" con microchip e rexistrado.
O persoal de lacería do CAAN atopábase preto da zona e foi rapidamente ao lugar após o requirimento da Policía Local de Mos. O can atópase agora en corentena, antes de pasar revisión veterinaria, e o seu futuro, do mesmo xeito que no caso dos outros dous animais, depende da decisión xudicial.
FERIDA DE NOVO UNHA MULLER
A muller de 76 anos resultou ferida ao morderlle o can na súa casa e, segundo confirmaron a Europa Press fontes da Garda Civil, os primeiros datos apuntan a que o can se "puxo nervioso" debido aos "ruídos dunha obra" no lugar e, como consecuencia, atacou á súa propia dona.
Para atender á muller desprazouse unha ambulancia con médico do Punto de Atención Continuada (PAC) despois de que un particular, sobre as 12.40 horas, alertase do sucedido.
O ataque ocorreu na casa da afectada, situada no lugar de Carballeira, poboación de Sequeiros, parroquia de Cela. A muller foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro, segundo ratificaron a Europa Press fontes de Urxencias Sanitarias-061.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.