Centos de alumnos protestan en toda Galicia para reclamar o fin da Lomce e unha lei galega de educación

Erguer cifra o seguimento do paro de estudantes en preto do 90%.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2017 | Actualizada ás 14:56

Comparte esta noticia

Centos de alumnos saíron á rúa en toda Galicia para esixir a derrogación definitiva da lei orgánica de mellora da calidade educativa (Lomce) e o impulso dunha lei galega de educación, como alternativa aos traballos realizados na subcomisión do Congreso para lograr o pacto educativo.

Protesta de Erguer en Compostela
Protesta de Erguer en Compostela | Fonte: Europa Press

Estas protestas celebráronse nas principais cidades galegas no marco dunha xornada de folga, que se estendeu desde secundaria até a universidade, convocada polo sindicato de estudantes Erguer, e que contou co apoio da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.

En Santiago a manifestación saíu da Alameda pasadas as 12,30 horas, onde decenas de alumnos coreaban consignas após unha pancarta co lema 'Nin Lomce, nin pacto entre elites. Por unha lei galega de educación'.

Xusto detrás da cabeza da marcha, diversos portavoces da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público portaban a súa propia pancarta, onde se puido ver a representantes do BNG como Xosé Luís Rivas 'Mini', Montse Prado e Rubén Cela ou da CIG-Ensino, como o secretario nacional Suso Bermello.

En declaracións aos medios, a responsable de Erguer, Iria Figueroa, cifrou en preto do 90 por cento o apoio ao paro, destacando as aulas "bastante baleiras" na maioría de facultades de Compostela.

Por iso, destacou a "vontade" de mobilización do alumnado para "reclamar un cambio" no sistema educativo, nun momento no que o debate "está totalmente desterrado" após a suspensión das 'reválidas' na tamén chamada 'Lei Wert'.

Así, e fronte á parálise da subcomisión do Congreso para o pacto educativo, Erguer demanda unha lei galega de Educación que se sitúe como "alternativa" na que a comunidade escolar "teña voz", cun enfoque "máis pedagóxico" e reforzando a avaliación continua.

Suso Bermello, pola súa banda, criticou a "complicidade" da oposición no Estado co goberno do PP para "aplicar de facto" a Lomce, "falseando un debate ao redor da súa paralización". "Está plenamente vixente salvo o que ten que ver coas 'reválidas'".

Por parte do BNG, Xosé Luís Rivas 'Mini' lembrou que a Lomce, "unha lei regresiva", segue "estando aí", aplicándose en todo o Estado, e avogou por unha normativa propia que atenda as "singularidades" de Galicia, aproveitando as competencias autonómicas.

PROBLEMA "DE MODELO"

A protesta percorreu a rúa da Senra e bordeou a Praza de Galicia para penetrarse na zona urbana da capital galega e regresar a través do Hórreo ao casco antigo. Durante a marcha escoitáronse consignas tanto contra a Lomce como contra o decreto '3+2', unha das principais reivindicacións do alumnado.

A comitiva finalizou na praza de Praterías, onde varios alumnos leron un manifesto no que reiteraron a súa demanda dunha lei galega fronte unha Lomce "que pasa sen pena nin gloria", lembrando que os traballos do pacto educativo estatal non atenden o problema desta norma, que é "de fondo" e "de modelo".

Ademais de en Santiago, o sindicato Erguer convocaba protestas en Ferrol, A Coruña, Melide, Pontevedra, Vigo, Ourense, Lugo, Lalín, Vilagarcía, Cangas e Moaña .

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

1 O que queda do BNG

Mais que centos, habería que dicir decenas. Malia a manipulación habitual do Sermóns Paliza, a folga foi outro fracaso mais de Erguer-BNG, coma sempre que convocan algo de costas da maioría do movemento estudantil. Non é casual que o Sermóns Paliza empregue imaxes de planos curtos. Eran catro liberados e outros catro que o serán no futuro.

1 Españistan

Cala esquirol, Carneiro de mer Da. Ainda que acudise unha soa seguiría sendo unha loita xusta, se estas a favor da Lomce non tes máis que cala e baixar a ourella os demáis deixaos protestar.

2 comunista independentista

Non se preocupe, insultador bloqueiro. Aínda que acudise unha soa persoa, xa se encargaría a U de inflar a participación vía Sermóns Mejuto e gabinete de prensa da Cig, coma sucede neste caso. Continúe insultando para desafogar o seu fracaso.

3 españistan

https://twitter.com/erguergaliza?re... Non sei si os pirolos coma vós medides o exito en ver que na tén máis grande, pero polo menos podiades apoiar unha loita xusta e necesaria e non facer de parvos útiles do PP para variar.

4 LKI

Parvos útiles do PePé? Parece mesmo que te estás a referir aos membros do BeNeGá de Ferrol, Coruña e Compostela

5 caricatura

Ui ui uiiii! semella que os oportunistas/chovinistas/comunistasindependencieros andan coma sempre intentando pescar entre a rapazada despistada, Dálle que librades, lambóns!