A TVG suspende os informativos locais

O PPdeG toma unha decisión que convulsiona o sistema mediático galego e que pode estar detrás dalgúns cambios de liña editorial nos últimos tempos.

Por Walter Burns | O Irixo | 30/11/2010 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

Nunha manobra que colleu por sorpresa aos traballadores, a CRTVG deu por finalizado as contratas dos informativos locais hoxe polo mañá. Estes programas eran xestionados polas produtoras privadas filiais dos diferentes xornais de Galicia nas sete cidades, salvo en Santiago de Compostela.

None

Segundo fontes do cadro de persoal, a empresa pública eliminará temporalmente as desconexións da Coruña, Lugo, Ourense, Ferrol, Pontevedra, Vigo e mesmo Santiago, malia que esta última era operada polo propio ente.

As produtoras entregaron hoxe por sorpresa ducias de cartas de despedimento nas seis cidades, excepto na capital de Galicia. As mesmas fontes apuntan que as delegacións de Madrid e Bruxelas continuarán, polo menos durante algúns meses.

Zafan os 55 que xa teñen sentencia que os recoñece como traballadores do ente

Os traballadores das subcontratas que no pasado gañaran as denuncias ás produtoras por cesión ilegal de operarios á CRTVG zafaron polo de agora. Trátase duns 55 casos, informadores que estaban contratados polas filiais dos xornais (La Región, El Pogreso, La Voz, etc .) pero que en realidade seguían ordes en exclusiva da empresa pública.

None

A avalancha de sentencias por cesión ilegal de traballadores meteu á CRTVG nunha rúa sen saída. Malia o seu empeño de prolongar os preitos, a Compañía xa tivo que recoñecer como traballadores propios a esas 55 persoas. Ademais, a empresa pública está a gastar unha verdadeira fortuna nos recursos ante a Xustiza, que mesmo chegaron ao Tribunal Supremo, sen obter a penas sentenzas favorábeis.

Segundo fontes dos operarios, hai outros 37 profesionais que tamén denunciaron pero aínda non teñen sentencia firme. GC non confirmou aínda se este último grupo está afectado polos despedimentos, pero os traballadores apuntan a que o Ente retirá os recursos. En todo caso, é evidente que a Compañía está tratando de desprenderse do máximo número posible de informadores para evitar ter que recoñecer como propios aos operarios das subcontratas.

As mesmas fontes apuntan que a desaparición das delegacións de Pontevedra e Ferrol é definitiva. O resto pode recuperarse no futuro, suponse que en parte cos traballadores que a CRTVG está tendo que admitir como propios.

O PPdeG comeza a tentar reordenar o panorama mediático galego

Esta decisión supón un golpe da Xunta á economía de algúns xornais, sobre todo os máis pequenos como La Región (que operaba as delegacións de Ourense e Madrid), ou o Grupo Progreso, pois as subcontratas eran unha das súas vías máis firmes de financiamento. Ao fío disto, cómpre ter en conta que La Región leva varios meses aplicando un evidente cambio de liña editorial, agora crítica coa Xunta cando sempre foi un medio próximo ao PPdeG. La Voz e Faro tamén operaban delegacións.

Fontes do Consello de Administración da CRTVG aseguran que Alfonso Sánchez Izquierdo, ex-director da CRTVG, tomou esta decisión sen consultar cos vogais de BNG e PSdeG.

O cadro de persoal, dividido

En todo caso, os máis prexudicados son evidentemente os informadores que hoxe atopáronse de súpeto na rúa. O cadro de persoal da CRTVG, dividido polas circunstancias que afectan a cadaquén, non demostrou até o de agora a necesaria unidade de resposta sindical.

Vítimas dunha enorme precariedade, os traballadores lograron finalmente que se convocaran máis de 200 prazas de oposicións, paralizadas pola Xunta do PPdeG. Gran parte dos informadores rexeitan esta OPE, pois consideran que non cobre vacantes de abondo, e piden unha consolidación dos seus postos, postura que non é compartida polo Comité Intercentros (presidido pola CIG con membros de Comisións e UXT). A consolidación é defendida dende a CUT.

O peso da subcontratación no ente público aumentou con todos os gobernos. O Comité calcula que máis do 40% do orzamento da CRTVG vai para pagar as produtoras privadas, porcentaxe que aumentará o próximo ano. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 51 comentarios

20 berme

A pena é que os botaron en función dos seus contratos e non polo ben ou mal que facían o seu traballo, quedou cada un/unha que ... mi madriña!! non saben nin ler. É mais, quedou toda a trapallada.

19 Orensiño

Para que vexades o novel de información desta xente de GC: O xornal "Faro de Vigo" e a Productora Faro están desvinculadas e non teñen nada que ven enre sí desde alomenos o ano 1988.

1 QUEVEO

Que máis da.Quen estuvese, eran todos chiringuitos.O malo e a xente que se vai a calle os lamecuns dos sindicatos seguen igual,ahora defenden antes querian votar a todos e si os fixades nos aliados na foto. Veredes a un home chamado Xavier que estuvo no servizo tecnico da radio durante moitos anos e deixou todo feito unha merda, jodeo a todo o que puido con expedientes traballadores( ERA CONOCIDO COMO MISTER EXPEDIENTE) cobrou unha indenizacion millonaria xa que tiña un blindaje no seu contraacto e agora ahí esta EEEEEEE SINDICASLISTAAAAA vaya vaya ESTO E JODER E DESPOIS ASUMIR A LABOIRA DE SINDICALISTA PARA SEGUIR JODENDO, BOTADEO POLO MENOS DE VOSO LADO QUE APESTA, VAYA CREDIBILIDAE TEDES. mANDA CARALLO. Pues esto son os Sindicalistas que temos,si queredes falamos de mais dos que se ven.

2 VEADO

QUE RAZON TES QUEVEO O MALO E A XENTE E SI E CETO O DO TAL XAVIER AGORA SINNNNNDICALISTAAAAAAA ESA SI QUE E BOA.TANTOS ANOS DE XEFE JODENDO A TODO DIOS E AGORA QUERE SER SINDICALISTA.QUE QUERE SEGUIR JODENDO AMPARANDOSE NO SINDICATO .BUENO ENTRE ESTES ELEMENTOS PODE TRIUNFAR OUTRA TEMPORADIÑA ATA QUE DESCUBRA SUA FACIANA DE MALA PERSOA.

18 Oterito

Hai que ter cara para asinar como Traballador de TVG. Na Telegaita todos son uns vagos e algúns tamén maleantes. Os primeiros, os do Comité, que levan toda a vida sen rañala, despois os xefes e por último toda a plantilla, fixos e contratados. Por riba, soldos de escándalo que son un insulto para os compañeiros da privada. Hai que pechar TVG.

1 Traballador de TVG

A TVG é a televisión pública mais barata de toda España. O que tes que facer tí e deixar o cartón de Don Simón e o gorro de capirote feito con papel de periódico e poñerte a estudar a OEP, lacazán. Xa verás como se te van os coloretes do mofletes.

2 Benito

Oterito, o la nueva cara del sofisma.

3 ni vago ni maleante

Oterito, eres un prepotente y un maleducado. ¿te crees superior a nosotros, o qué? lo de llamarnos maleantes, en fin... viendo tu lenguaje, o lo eres tú más o bien, seguramente, alguien te haya mandado escribir eso. nos veremos en las opos, no, lacazán?

4 Xan da Corda

Na TVG hai xente,principalmente os contratados, que curran moito e moitas horas, de xeito especial nas delegacións e tamén en San Marcos, algo que un sabe por experiencia propia. Paréceme demencial e noxento chamarlle vago ou maleante a calquera. O autor do comentario, do que non quero saber quen é, é hora de que se poña a traballar. Por certo, os salarios na TVG non son todos iguais. De feito hai xente que cobra menos de 12.000 euros ao ano. E iso un salario de escándalo?

5 Traballador da TVG

Por alusións, Oterito, direiche un par de cousiñas. A primeira, "dime que que presumes...". A segunda, que sobran privadas nas que os traballadores cobren máis ca nós, posto que non deixamos de ter un soldo galego, con todo o que iso implica. En canto ao comité, non che falta razón, posto que todos sabemos de que pé coxean, aínda que non por moito tempo máis... Por último, pedireiche moderación e respecto, xa que o de maleante me parece un termo excesivamente forte que non debe ser usado á lixeira. Ti verás que fas. Aquí do que se trata é de denunciar que acaban de despedir de xeito improcedente quince redactores, quince reporteiros gráficos e quince montadores. Espero que agora che quedase todo un pouco máis claro.

6 ALACARANOTENDRIASHUEVOS...

Oterito : EN LO DE LOS SINDICALISTAS TIENES TODA LA RAZÓN, EN QUE HAY MUCHO INUTIL,LAMECULOS,HIJO DE PAPÁ,PARÁSITOS CON TITULO,INCOMPETENTES,JENTE SIN PUTA IDEA,JEFES DELINCUENTES TAMBIÉN,PERO CUIDADO AMIGO, - HAY GENTE MUY VALIDA (ALGUNOS SON DE LOS MEJORES)QUE POR CURRAR DE PUTA MADRE ESTÁN PUTEADOS, NO TIENEN NINGUN TIPO DE PLUS NI PREBENDA (MAS BIEN MOBBING) Y GRACIAS A ELLOS LA TELEGAITA Y LA RADIO GAITA TODAVIA TIENEN ALGO DE PRESTIGIO - UN POQUITO DE RESPETO CACHO CABRÓN....

17 P. D.

O xornal Faro de VIgo non operaab en ningunha deldegación de CRTVG. O encargado de facelo era a Productora Faro, que non ten nada que ver co periódico vigués

16 compostelan

Pero ¿quén despideu a quén? Estes traballadores ¿eran da TVG o eran de empresas privadas coma La Región, Faro, La Voz ou el Progreso? Supoño que estes traballadores siguen pertencendo a esas productoras e seguirán cobrando as nóminas de estas productoras, ¿ou acaso por haber unha cesión ilegal de traballadores por parte de estas productoras, ahora queren entrar a formar parte da plantilla da TVG pola porta falsa sin pasar unhas oposicions? Hai suficiente personal na TVG pa facer o seu traballo, outra cousa é que queiran traballar nas mesmas condicions.

1 Traballador da TVG

Todos eran traballadores da Galega, demandasen a cesión ilegal de traballadores ou non. Agora os que non denunciaron nin sequera poden acceder ás delegacións, ao seu centro de traballo. Están despedidos, e obviamente deixarán de cobrar as nóminas, posto que deixan de traballar. Non tiñan outro cometido que elaborar os informativos da Galega. Non facían outra cousa, nin o farán. E todos cantos levan menos de dezoaito anos traballando en San Marcos entraron se oposición, posto que as últimas foron en 1992. É dicir, máis da metade dos traballadores. Pero estes dos que se desentenderon foron os que pagaron o pato, por incautos.

2 compostelan

Sí, pero...hai unha pequena diferencia. Os interinos, ainda que sin oposición, están contratados directamente pola galega, mentras os das productoras son eso, traballadores das productoras, e de elas dependen eles e as suas nóminas. E o contrato rescindeselle as productoras. Algo que tiña que haber feito a galega hai moito tempo era librarse das productoras e da producción externa, e ó mesmo tempo evitar que traballadores de outras empresas poidesen obter un contrato fixo xudicialmente, e non por oposición, mediante esa figura (ilegal) da cesión de traballadores por parte de unha productora.

3 ni vago ni maleante

difícilmente van a poder cobrar las nóminas, porque los echaron a la calle y un segurata no les deja volver a entrar en las delegaciones. además, supongo que sabrás que esas productoras tenían a este personal exclusivamente para los chiringuitos que tenian contratados con crtvg. Lo de querer entrar por la puerta falsa... un poco de respeto, por lo menos a lo que ha sentenciado el tribunal suupremo