Feijóo saca peito da oferta de emprego público

“Queremos ser unha das autonomías do Estado con menos temporalidade” di ao tempo que lembra que Galicia convocou prazas “todos os anos” desde que el é presidente. Os sindicatos denuncian os recortes de dereitos laborais.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/11/2017 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

“Hai autonomías que non convocaron ningunha oferta pública de emprego desde o 2012 e Galicia fíxoo todos os anos”. Deste xeito defendeu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, as oposicións convocadas en Galicia, unhas oposicións que sumaran en 2017 3.400 prazas. Unha cifra que os sindicatos teñen considerado insuficiente para cubrir as necesidades da Administración autonómica.

Concentración de funcionarios de Xustiza en Vigo
Concentración de funcionarios de Xustiza en Vigo

Pero Feijóo insistiu en que o número de prazas convocadas é un 30% maior que en 2016 e a “máis grande” desde 2009, cando chegou á Xunta. Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o presidente galego suliñou que o seu obxectivo é que a Xunta teñan “postos de traballo de calidade”, que se reforza, principalmente, a sanidade, a educación e os servizos sociais e que haxa promoción interna.

“Queremos ser unha das autonomías do Estado con menos temporalidade”, indicou ao lembrar que en sanidade convocaranse 1.6016 prazas que sairán a finais de 2018 ou principios de 2019. En Administración Xeral serán 769 prazas, “a oferta máis improtante desde o 2008”, indicou. 

RECORTES

Con todo, estes anuncios non convencen aos sindicatos dos funcionarios. De feito, o Comité Intercentros, máximo órgano de representación do persoal laboral da Xunta de Galicia mantivo o pasado 27 de novembro, sendas xuntanzas cos Grupos Parlamentares do PSOE, BNG, En Marea e Partido Popular, para falar dos recortes que levan sufrido dende o ano 2010 todos os empregados públicos da Xunta de Galicia e en especial os que afectan unicamente ao persoal laboral que traballa a quendas.

Aparte dos recortes xerais que afectan a tódolos empregados públicos, aseguran que o persoal laboral que traballa a quendas vese especialmente prexudicado. “Servizos tan esenciais como os centros de traballo de Servicios Sociais da Consellería de Política Social (Residencias de maiores, centros de atención a persoas discapacitadas, centros de día, escolas infantís, centros de menores etc..), traballadores do Servizo Publico de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais da Consellería de Medio Rural, traballadores da Consellería de Medio Ambiente etc.. están superados física e mentalmente polas carteleiras de traballo abusivas que impoñen estas Consellerías aos seus traballadores, xa que, teñen suspendidos vía Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma os seus dereitos a descansos semanais”, denuncia CSIF.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Natasha Rostova delaRestreba

E podería explicar isto que os valencianos afirman: http://www.lavanguardia.com/local/v... E xa de paso a ver se me di alguén que é un sofpaper. A ver, que eu estou pouco posta nas TIC e non remeto nin tuis... Porfa...