SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2017 | Actualizada ás 10:53 por EUROPA PRESS
O número de viaxeiros do autobús urbano aumentou en Galicia no mes de outubro nun 3,9 por cento, e supera os 5,6 millóns.
En concreto, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), este incremento sitúase por riba da media estatal (1,4%) e supón o sexto maior de toda España.
Con mellores datos aparecen Murcia (8,8%), Estremadura (6,1%), Euskadi (5,6%), Aragón (5,3%) e Castela-A Mancha (4,5%).
En paralelo ao incremento do número de viaxeiros do transporte público que rexistrou Galicia en outubro con respecto ao mesmo mes do ano pasado, a subida no que vai de ano é do 0,6 por cento.
Neste caso, a comunidade galega presenta o cuarto peor rexistro, só por diante de Asturias (-1%), Castela-A Mancha (-0,9%) e Madrid (+0,4%). A nivel nacional, de media no que vai de ano, o aumento é do dous por cento.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.