Pedro Arias vai de "sobrado" no Parlamento

O profesor coruñés, deputado do PP, volve a ser protagonista dos intres máis polémicos no Hórreo. Hoxe despachou varios ataques persoais de dubidoso gusto e presumiu de ser a “vangarda”.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 20/12/2010 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

A oposición é un "naufraxio intelectual, ético, político e estético". O Goberno do PP é a “vangarda”. Estes son só algúns dos pasaxes do discurso do deputado Pedro Arias este serán no debate sobre os orzamentos de 2011 da Xunta.

None

Arias, coñecido no Hemiciclo por ser un dos poucos parlamentarios que usa a miúdo o español e por ter definido ás mulleres dende o estrado como o "sexo oscuro", foi máis aló.  Unha vez máis, o político coruñés caeu nas descualificacións persoais.

Ao seu rival no debate Abel Losada díxolle que "non ten currículo profesional". Á oposición “arrogante e insolente” díxolle que "non poden connosco, nin con Feijóo, nin con Santalices, nin con Rosendo, nin cos mozos, nin co meu amigo Fervenza, nin co conselleiro, nin cos conselleiros".

Mirando ao pasado, o parlamentario (autor dun polémico estudio sobre o Prestige pagado pola Xunta no que afirmaba que a economía galega saíra beneficiada) asegurou que as "pancartas están de capa caída e aqueles tempos non volverán 'Nunca Máis". “Dan pena intelectual”, concluíu.

A oposición non puido evitar entrar na lama dos ataques persoais. Losada (PsdeG) lembroulle que leva 30 anos na Universidade malia que aínda non presentou a súa tese doutoral. Tamén acusou ao PP de non ter decencia por non acudir ao acto da Memoria Histórica na Coruña.

None

Henrique Viéitez (BNG) acusou ao conservador de comportarse como se estivese “nunha taberna". O nacionalista pediu  "respecto” aos cidadáns e que se debatese o asunto do pleno.

Tanto Viéitez como Losada criticaron as contas de Feijóo no referido a caída da innovación e os investimentos no exterior, nos que a Confederación de Empresarios é unha das grandes beneficiadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

8 Pardo de Cela

Losada confundeu a Arias con Cancio, que son as dúas patas do mesmo banco e que, efectivamente, leva máis de 30 anos de profesor e sin rastro da súa tese doutoral. Agora ben, coincido en que non se pode ser máis miserable que este home, que cohabita con intelectuais da talla de Louzán ou de Toñito de Allariz

1 Algosei

Non houbo tal confusión: Pedro Arias, ao igual que Cancio, leva 30 anos cobrando da Universidade de Santiago sen ser capaz de facer a Tese. Pero non só iso: tampouco se lle coñece nengunha investigación, só panfletos pagados (desde un informe para demostrar que A Coruña debía ser a capital por se a cidade máis céntrica de Galiza, até o estudo que lle pagou Feijoo cando era Conselleiro). E como docente é coñecido polo seu absentismo histórico e crónico. En definitiva, "un intelectual de mucho prestigio".

7 Manolo

Claro, claro, las intervenciones en el parlamento gallego por parte de socialistas y bloqueiros se distinguen habitualmente por su elevada oratoria y buenos modales, con ejemplos excelsos de saber estar, extraordinarios conocimientos y cortesía parlamentaria como el de Bieito Lobeira.

1 pejigo

este señor había lamber onde caga Lobeira

2 Manolo

Continúan las muestras der exquisitez dialéctica por parte de la bloqueirada

3 pejigo

manolo, traballa un pouco home, que o cargo de asesor non é pra estar todo o día dicindo monerías na internet

4 Manolo

Continúan las muestras de exquisitez dialéctica y argumental por parte de la bloqueirada

5 Galego farto

¿Onde me comparas a bloqueirada preparada coa peperada rancia Manolo...? Recentemente na miña empresa ficharon a un señor que veu en plan estrela presumido dos moitos amigos que ten no PP. Un inútil que non ten nin idea dende o punto de vista profesional, e que unha vez máis amosa as "grandes cúpulas directivas" coas que conta este país. Como sempre digo, Galiza exporta traballadores cualificados, non coñezo un so titulado que fora ao estranxeiro traballar e viñera fracasado. ¿Por que non se exportan eses grandes directivos peperos? ¿U-los están nas grandes corporacións?.

6 Galego farto

¿En tempos de crise que exportan esos grandes directivos? ¿Onde competimos?. Competimos baixándolle o salario aos que traballan de verdade, que esos se marchan non pasa nada, o indispensable é que o director Pepero poida seguir baixando actualizando día a día a súa colección de porno brasileiro. Esa é a productividade e o tipo de empresarios que defende o PP e ti Manoliño, e a estes pájaros non os queren máis que neste corrupto país cheo de incompetentes e analfabetos paletos que fan da nugalla, do cinismo e da demagoxia unha forma de vida noxenta que nos afoga ao resto de galegos. Compiten de forma desleal cos poucos emprendedores que se atreven a facer algo, chanchullean, para tapar a súa falla de profesionalidade adícanse a pisar aos que pensan preparados pola contra de aprender algo deles, son limitados, nulos como persoas, inseguros fora do seu ámbito de amiguismo estúpido e están cheos de prexuízos inútiles ¿Sírveche ou queres máis...?

7 Manolo

Conozco el género y estoy en buena parte de acuerdo, pero los hay de todas las ideologías: peperos, socialistas y bloqueiros. Aunque de estos últimos no suele haber directivos, profesionales ni empresarios cualificados teniendo en cuenta la fobia que le tienen al sector privado y el aprecio a lo público. Sin embargo, te recuerdo que aquí hablábamos del parlamento gallego, y no de los problemas de la empresa y sus profesionales. Lo que tu comenas es un problema de mentalidad que desgraciadamente no tiene nada que ver con siglas de ningún tipo y que por supuesto resulta esencial cambiar. Pero que quieres que te diga, conozco varios ayuntamientos, empresas y delegaciones de consellería, en las que si por casualidad ponen a un directivo honrado al frente, no dura ni 15 días, porque por A, B o C, el 90% de la plantilla se le iba a echar encima.

8 polikarpov

Manolo, vaia as hemerotecas, e se atopa a alguén mais maleducado e petulante no parlamentiño galego que Pedro Arias, pago-lle a un viño (do país, claro)

9 Manolo

Bieito Lobeira. No hay parlamentario más maleducado, insultón, agresivo y prepotente. No hace falta acudir a ninguna hemeroteca.

10 polikarpov

Si, si fai falla. Non sexa troll e argumente. Por esa regla de tres podo afirmar calquera cousa.

6 Eu.gz@hotmail.com

Lembrades ao betanceiro Pita? Pois agora que só o teñen ladrando na radio galega procuran outros para facer o mesmo papel no parlamento nacional. Ao fitar a foto do Arias rindo non podo evitar lembrar o papelón de Causa Galiza, Verdegaia, AMI, algúns/as de ADEGA, CIG-Administración... na pasada lexislatura.

1 saña

E que caladiños estan agora estes salvadores patrios ( (Verdegaia,Causa Galiza, Galiza se malvende, Ami,etc.etc.) nin se lles escoita, estaran mellor con este PPeiros?

2 o mantido

Si, que malos son, que nos fixeron perder o choio. Hai que tragar coas Reganoxo, coas canteiras ilegais do Courel e as minas da Terra Chá, co porto en Cangas, co reparto eólico para os amigos..., que para iso eran os nosos. E se precisamos un Carrumeiro, como outros montaron Filesa ou apañaron co Gurtel, pois toca calar polo ben da miña barriguiña.

3 saña

Toma un pouco de bicarbonato non sexas que che sente mal do bo mantido que estas polo PP.

4 o mantido

Erras, nada que ver cos caciques da dereita españolista, nin coa falsa esquerda do PSOE, nin co novo clientelismo que practica o teu BNG. Non todos somos coma ti, mais iso non o entendes, verdade. Pois non tomes tanta gasosa, e pensa un pouco antes de deixar sair as ventosidades.

5 saña

Lambon, non insulta quen quere si non que pode, e ti pareceme que estas nesta categoria, que che vaia ben co teu bandullo cheo de ...

6 salvapatrias

ja, ja, ja... ve-se que che derom onde doe, saña. Hai vida fóra do Bloque, mas ja sabemos que é inverno e custa procurar sustento por um mesmo. Acomoda-te e que chova!

7 Feijoo (o retornado)

Benqueridos "mantido", "salvapatrias" e similares: En nome do PP quero agradecervos o voso labor, ao igual que o dos queridos compañeiros de Galiza non se vende, Verdegaia e colectivos similares. Coas vosas acertadas críticas ao bipartito, e o silencio que mantedes agora, estades contribuindo a que sexamos a envexa de Europa e do mundo mundial. Vós seguide con aquelo de que "todos son iguais", que xa nos ocupamos nós de gobernar o País; e vós podedes seguir coa vosa revolución de café. Unha aperta popular.

8 Remexendo

De algo serviu tanta difamación, quedaron completamente desacreditados. Por min que sigan, xa se viu na última manifestación para decir que todos eran iguais, foron 150.

5 ANTON

Din que os maiores forofos, son os conversos. Este ex-comunista, lembra moito a Jimenez Los Santos, tamen ex.

4 Xan

Un ladrón, eso é o que foi sempre, algúns ainda recordamos cando se adicou a publicar tanto nun libro como por entregas en La Voz (como no?) un traballo feito polos seus alumnos da facultade. Un sicario da palabra, ali onde haxa pasta pon a sua lingua de veleno a disposición.