Nace un novo sindicato profesional para loitar contra a precariedade na sanidade

Xorde tras a unión das centrais SAGAP e PROSAGAL e o seu obxectivo é evitar o “derribo” da sanidade pública e loitar contra o “descrédito” dos sindicatos tradicionais.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 21/12/2017 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

PROSAGAP ( sindicato dos Profesionais  da Sanidade Pública Galega). Ese é o nome do novo sindicato xurdido o pasado 13 de decembro logo da unión acordada entre as centrais sanitarias SAGAP e PROSAGAL. Unha unión que se explica, din, “pola enorme similitude entre ambos sindicatos na lectura tanto da precarización e perda de dereitos aos que están sometidos os/as  traballadores do SERGAS como parte  da perversa política de acoso e derribo da sanidade pública por parte  dos gobernos central e da Xunta”.

Manifestación en Santiago en defensa da sanidade pública
Manifestación en Santiago en defensa da sanidade pública

Ademais, nun comunicado, a nova entidade suliña que tamén queren loitar contra o “descrédito” que estaban a ter as centrais sindicais tradicionais por parte dos traballadores “derivaba da bucrocratización dos seus dirixentes e do acomodamento e falta de contestación que, como organizacións, estaban a amosar  no actual contexto de crise”.

“Fronte a estas actitudes, tanto SAGAP como PROSAGAL apostamos  xa  dende os inicios por un sindicalismo eficaz, participativo, unitario e democrático, emanado dos/as propios taballadores e que reclamase postos de traballo dignos e unha sanidade pública universal e de calidade, fronte ás políticas pactistas e de reparto de migallas características dos últimos anos”, engaden.

Tras a fundación deste novo sindicato agardan ser un “espazo referencial” no campo da sanidade galega e ser referentes na loita pola defensa da Sanidade Pública galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pepiño

Outro sindicato amarelo como o CSIF