O Apalpador toma Compostela

O famoso carboeiro do Courel estivo en Compostela para regalar castañas entre os nenos e pedirlles que sigan sendo como son.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 24/12/2010 | Actualizada ás 17:33

Comparte esta noticia

None

O Apalpador, a figura do Nadal galego, estivo en Compostela. Nun acto organizado poloa Gentalha do Pichel, os nenos da capital galega poideron disfrutar de xogos, música e da visita inesperada do famoso carboeiro do Courel que estivo paseando polas rúas da zona vella de Santiago agasallando con castañas pilongas aos nenos e nenas.

A tradición do Apalpador estaba ao límite da desaparición e foi recuperada nos últimos anos por asociacións e posteriormente institucións públicas. É un xigante carboeiro que descendía das devesas do Courel no Nadal para apalparlle as barrigas aos nenos cando dormían para comprobar se estaban ben mantidos. Como regalo lles deixaba unha presada de castañas.

O Apalpador ten unha dura competencia xa que, polo momento, as figuras do Papa Noël ou dos Reis Magos, seguen sendo as preferidas dos nenos . Con todo, as campañas para o seu coñecemento están facendo que sexa xa unha figura moi coñecida e aceptada entre a rapazada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

18 braseira

Que viva o Apalpador, galego tradicional ou non, iso é o de menos, tamén os Reis Magos e o Papá Nadal son inventados e ningún destes descerebrados que veñen por aquí di nada.

17 Courelão

Para a outra "lumieira": claro, como o Apalpador reparte castanhas, o lógico é que ande a promover os Eucaliptos na Galiza, não é? Se é que a cabecinha já não vos dá para mais ...

16 Courelão

Tremenda a incultura desta gentinha: andam a cuspir para arriba sem se decatar que o cuspe cai por cima deles. Tede um pouco de sentidinho e deixade de fazer o ridículo, ho! http://www.youtube.com/watch?v=HVuy...

15 Maruxa

Teño 65 anos, nunca marchei de Galicia e na miña vida oín falar do apalpador.

1 Enfin

Como nunca oistes hablar de esta tradición, no existe, pero claro si tienes oido hablar de un tal jesucristo, y aunque nadie lo viera si crees en el. Lo que deseo es que oyeras hablar de Carlo Magno, Cesar Augusto, Cabeza de Vaca, Roi Xordo, Cristobal Colón y un largo etc, También espero que oyeras hablar de la Caperucita Roja, La Sirenita, Los tres cerditos, etc... , Es que si tú, que todo lo sabes non oyeras hablar de ellos, seria una pena ya que según tú, no existirian, sean reales o imaginarios.

14 Medulio

E, mentres tanto, a peste dos eucaliptos segue invadindo e arrasando esta fermosa Terra, pero iso non importa, o importante é espallar estupideces inventadas por conversos de última hora que, o fin e o cabo, só tratan de ser máis papistas co Papa.

1 Rayleigh

Tes razón!! En vez de regalar castañas ós nenos, os tiñan que levar a arrancar eucaliptos!! Tranquilo..En vez de recibi-los reis magos dentro duns días, xa os levarán...Menuda panda temos por aquí!