O Apalpador toma Compostela

O famoso carboeiro do Courel estivo en Compostela para regalar castañas entre os nenos e pedirlles que sigan sendo como son.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 24/12/2010 | Actualizada ás 17:33

Comparte esta noticia

None

O Apalpador, a figura do Nadal galego, estivo en Compostela. Nun acto organizado poloa Gentalha do Pichel, os nenos da capital galega poideron disfrutar de xogos, música e da visita inesperada do famoso carboeiro do Courel que estivo paseando polas rúas da zona vella de Santiago agasallando con castañas pilongas aos nenos e nenas.

A tradición do Apalpador estaba ao límite da desaparición e foi recuperada nos últimos anos por asociacións e posteriormente institucións públicas. É un xigante carboeiro que descendía das devesas do Courel no Nadal para apalparlle as barrigas aos nenos cando dormían para comprobar se estaban ben mantidos. Como regalo lles deixaba unha presada de castañas.

O Apalpador ten unha dura competencia xa que, polo momento, as figuras do Papa Noël ou dos Reis Magos, seguen sendo as preferidas dos nenos . Con todo, as campañas para o seu coñecemento están facendo que sexa xa unha figura moi coñecida e aceptada entre a rapazada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

3 Farta

Ti o que estás e colgado tio...mira que es plasta co dos recontos. Es tan ignorante que cres que as maiorias lexitimizan máis! Andas sempre co mesmo conto neste foro. De verdade penso que tes un sindrome descoñecido tio...deixanos en paz ás minorias e colgate dun castiñeiro diante de multitudes...

2 Manoliño

Tres mataos. No video, malia a ser case que todo primeiros planos, co fondo borroso, conto menos de 15 persoas. O de sempre: querer aparentar un apoio social que non se ten, como se a xente fose imbécil. Por certo, fai falla ser ¿fanático? para levar aos fillos a un local político onde hai debuxos co puño crispado. Seguramente son os mesmos que levan aos nenos ás manifas, ou saen de copas co cocheciño do bebé. Patético.

1 De que falas, Manoliño?

Manoliño, ti que presumes de ter mais dunha neurona, confío en que sexas quen de excretar exabruptos menos záfios. Saúdos

2 Manoliño

Pero home... Non me digas que non é ridículo. Tres mataos, colgadillos, como queiras chamarlles para non ofender, dando o cante ante tres cativos de pais que teñen miolos de levalos a un local político. É excesivo, absurdo, e á asistencia remítome. Hai tíos que non entran na cociña porque de cativos lles aprenderon que era territorio de mulleres. Eu non teño inconvinte nin me da vergonza recoñecer que volvo á cociña, que me chaman e estou de pinche.

3 Eu Mesmo

Manolinho, nom sei de que local falas, mas na Gentalha do Pichel nom há nada do que falas... talvez devias entrar ali um dia ver o que realmente há :D

4 Eu Mesmo

Ah, já vejo o "punho em alto". Manolinho, se um dia subisses andando uma costa fazendo sendeirismo, verias que é um gesto bem habitual. Move o cu e espabila!

5 Manoliño

Empezo por dicir que nunha democracia determinados xestos agresivos terían que estar prohibidos. Caso do puño en alto ou do saúdo brazo en alto ¿Que diríades se unha asociación calquera organizara un acto similar e no seu local estivera decorado con imaxes do brazo en alto? Sodes ademais de pasado, rancios, extremistas ¿como pode estar autorizado que uns rapaces tan cativos sexan introducidos no medio no que se fai apoloxía da violencia? Non é normal, nin medio normal. Se fórades a axudar aos transeúntes... pero, cata carallo, eses non teñen pais que voten nas eleccións. Senón se coñecera o leite que dades...

6 De que falas, Manoliño?

Manoliño, se te atopo por Compostela estás convidado a tomar-lla unhas na Gentalha, vai-che molar... abofé! Seguro que acabas sendo sócio! ;-)

1 apolo

que deixen de facer o paiaso!! Que deixen de malinterpretar a realidade de Galicia e deixen de asustar aos pobres rapaces con figuras tan cheirentas e noxentas coma o pederasta este do apalpador do carallo!! ¿Canto gastou a concelleria de incultura de Santiago nesta paiasada?

1 megapapón

De acuerdo! Un gallego maloliente que viene del campo! Que ordinariez! Mucho mejor Papá Noel, tradicional de por aquí de TODA LA VIDA

2 foucellas

E papa noel que é moi urbanita? jaja, manda carallo