En Marea ve que Felipe VI ten un discurso "pregado ao PP" e "máis preocupado" pola monarquía que pola sociedade

Reafírmase "nos valores republicanos" e sostén que o Rei "debe de ser o único" que non recoñece a plurinacionalidad de España

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/12/2017 | Actualizada ás 17:35

Comparte esta noticia

En Marea denunciou este luns que Felipe VI deu un discurso de Nadal "pregado ao PP" no que o monarca se mostrou "máis preocupado pola pervivencia da monarquía que polos problemas da xente". Nun comunicado, a formación rupturista considerou que o Rei de España demostrou que "non entende en que país vive" e que se atopa "afastado da realidade".

Villares
Villares | Fonte: Europa Press

Tal e como sinalou o portavoz de En Marea, Luís Villares, o discurso "demostrou de novo o inapropiado da institución nos tempos de hoxe e o incumprimento das funcións que a Constitución lle ten reservadas".

Pola súa banda, a deputada e portavoz da formación no Congreso, Yolanda Díaz, afirmou que as palabras de Felipe VI están dirixidas "a unha minoría" e "esquece os problemas que golpean as maiorías sociais como a desigualdade e a pobreza". "De nada serve que lembre algúns problemas que recolle o CIS sen achegar solucións", proseguiu.

Neste sentido, para a portavoz, "a desigualdade, a corrupción ou o carácter plurinacional do Estado (...) deberían ser os principais retos e obxectivos de todas as institucións do Estado". Así, Díaz ve que o monarca os tratou como "problemas superados, alleos á actuación pública" e que se encartou "ás posicións do Goberno do PP".

"ENCUBRIR" AS POLÍTICAS DO PP

E é que, segundo sinalou Villares, o discurso de Felipe VI "pasa no bico dos pés no ámbito social", sen "sinalar quen son os responsables de que moitas persoas non cheguen a fin de mes, da deterioración dos servizos públicos ou dos motivos da emigración" dos mozos. Na súa opinión, esta foi unha forma de "encubrir" as políticas do PP e do Ibex 35.

En canto ao carácter plurinacional do Estado, Villares asegurou que o monarca "debe de ser o único" que non o recoñece, posto que, ao seu modo de ver, "tomou partido" na crise catalá "como valedor dunha parte nun conflito no que a cidadanía só reclamaba poder expresarse en liberdade nunhas urnas".

En definitiva, En Marea, a través de ambos os portavoces, reafirmouse "nos seus valores republicanos de cidadanía, democracia e xustiza social".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Melenaza

Fuera de la ley i la constitucion nada xa o dixo Viyares. E a monarquía agora no toca que o di Pablo. Seguide pablando que así ben nos vai. Que fixestes coas bandeiras españolas republicanas que apareceran de súpeto nas manifestacions? Gardástelas por orde de Pablo ou houbo que tiralas definitivamente

3 Nexus 6

Este tío parece tonto. Los que no reconocen la plurinacionalidad de España son MILLONES de españoles, a los que el color y la idiosincrasia de los pelos de su culo, les importa más bien poco. Son sólo eso, pelos.

1 Roya

Pues que os quiten la autonomía a los demás ya que históricamente había 3 autonomías los demás son inventos de los españoles de mi er da

2 Gamela

Velaí os valores respublicanos que practican algúns a cotío... https://twitter.com/Gamela2017/stat...

1 MAREADOS POR EXPAÑA

non se fien... onte o dirixente de mareas podreiras, o sinvergonza de MONDEDEUROS dixo que os catalans estaban tolos e que estaba a favor da aplicación do 155 de marijuano Rajoy aquí esta o rupturismo de izquierda la unitaria-AGE-podreiros-anovados-e marea falsaria, tampouco podemos crer nada do xuiz do constitucional expañol o Villano, vemos como estes defenden ainda os valores "prostitucionais" do 6 de decembro, a inxustiza e a miseria, a pobreza, a gran desiguladade son producto de 40 anos de aplicación da "prostitución" non se engañen chegamos aquí por culpa dos valores "prostitucionais" que a marea quere resucitar, queren seguir co conto agora que están no senado, agora que están no congreso, agora que están no parlamentiño galego e nos concellos da coruñesca ... son republicans de boquilla, namentras izquierda la unitaria apoia como sempre a monoarquia, e podreiros tamen xa non fan nada revolucionario si non tan so robolucionario