Temas: PENSIóN

Galicia pecha o ano coa segunda pensión máis baixa do Estado

Aínda que a pensión media en Galicia subiu un 1,9% en decembro, un galego cobra case 200 euros menos que un navarro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/12/2017 | Actualizada ás 10:01

Comparte esta noticia

A pensión media en Galicia subiu un 1,9% en decembro deste ano en comparación co mesmo mes de 2016. Deste xeito, a pensión situouse en 783,72 euros. Unha suba que, con todo, non serve para que os galegos abandonen o furgón de cola do Estado xa que só cobran máis que os esremeños (770,05 euros).

Pensión, pensións, xubilación, pensionista, xubilado, xubilada, xubilados
Pensión, pensións, xubilación, pensionista, xubilado, xubilada, xubilados | Fonte: Europa Press

Segundo os datos do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, por provincias, en relación con decembro de 2016, a pensión media máis alta estivo na Coruña, con 825,63 euros; e Pontevedra, con 824,41. Pola súa banda, en Lugo situouse en 695,4 euros e en Ourense en 675,84 euros.

O número total de pensións na comunidade galega alcanzou as 757.612, un 0,56% máis en relación co mesmo mes do ano anterior e un 7,95% das do conxunto do Estado. Delas, 295.904 están na Coruña, 239.371 en Pontevedra, 117.500 en Lugo e 109.062 en Ourense.

En canto a tipo de pensións, de xubilación contabilizáronse 473.961 en Galicia no último mes do ano, cuxo valor medio foi de 892,18 euros.

As pensións de viuvez, un total de 187.591, ascenderon a 550,79 euros de media; as de incapacidade permanente, 70.158, situáronse en 839,87 euros; as de orfandade, 23.825, en 374,55; e as en favor de familiares, 6.302, en 481,86 euros.

DATOS ESTATAIS

A Seguridade Social destinou en toda España neste mes de decembro a cifra de 8.881 millóns de euros ao pago das pensións contributivas, case un 3% máis que no mesmo mes de 2016.

O gasto global do conxunto de pensións chegou a superar o 8% interanual na antesala da crise (2008). Após 17 meses subindo a taxas interanuais superiores ou iguais ao 3%, en outubro deste ano baixouse até o 2,97% para volver superar o 3% en novembro. Agora, en decembro, a taxa de crecemento moderouse lixeiramente, até o 2,99%.

Temas: PENSIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Alén

Dunha nova mala a outra peor. Petámolo!