Temas: APALPADOR

Un artigo que compara o Apalpador co “home do saco” acende as redes sociais

O xornal El Español compara ao vello carboeiro co Papa Noël para suliñar que, se os nenos non están avisados, terían medo del.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/12/2017 | Actualizada ás 08:35

Comparte esta noticia

“El gigante que toca a los niños gallegos, lo último en bizarrismo navideño”. Así se titula un artigo publicado no xornal El Español que se viralizou e acendeu as redes sociais en Galicia ao comparar ao Apalpador cun “home do saco” que causa medo aos nenos.

Imaxe do Apalpador
Imaxe do Apalpador

“Si un gigante pelirrojo y muy peludo entrase en mitad de la noche a tocarte la barriga, ¿serías capaz de no salir corriendo despavorido? Pues a esto es a lo que se enfrentan los niños gallegos cada Navidad: llega O Apalpador”, comeza a nova publicada na sección En la jungla deste xornal.

“En la noche del 24 de diciembre millones de niños se acuestan en todo el mundo deseando despertarse con un regalo bajo el árbol. En su mayoría, confían en que un entrañable viejete barrigudo, de larga barba blanca y traje encarnado llegue a lomos de un trineo tirado por renos de narices rojas y sea el artífice del milagro”, di sobre o Papa Noël, unha invención da Coca-Cola para vender o seu mítico refresco.

“Pero no en Galicia. Allí los pequeños se debaten entre el miedo y la ilusión ante la llegada de O Apalpador, un gigante, de profesión carbonero, que empleará toda la Nochebuena en recorrer los hogares gallegos para tocarles, palparles, la barriga y saber si están bien alimentados o no”, engade. “Imaginaos la escena: estás plácidamente durmiendo después de la típica cenar familiar que se alarga, ilusionado para ver si Papá Noel se enrolla y te trae el coche teledirigido y, de repente, notas que alguien te está apretando el estómago. Abres los ojos y ves en tu habitación a un pelirrojo enorme y peludo que aún encima viene a cuestionar si has comido bien. Para infartar”, apunta.

Aínda que logo a autora da información tente describir que a figura do Apalpador xa se popularizou no Nadal galego, o certo é que foron moitos os comentarios nas redes sociais que criticaron durante a descripción feita desta perxonaxe pola “banalización” da mesma.

Temas: APALPADOR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

12 Caurel

Pois peor que a falsedade do home do saco é a dos que din que o xeito de actuar do Apalpador agacha e xustifica a pederastia.

1 Tabernera

A ver, non prestedes atención a quen quere desviar a nosa atención da situación verdadeira. Rinse de nós polas mesmas tradicións que gaban nos países nórdicos e en Alemaña e que teñen unhas orixes moi antigas... Pero non é este o lugar para estenderme: https://en.wikipedia.org/wiki/Yule

2 Tabernera

No fondo, os que nos rimos somos nós, porque sabemos ben que é o que pretenden dando a tabarra con Tabarnias e recorrendo ás sempre socorridas burlas dos galegos. Entrades ao trapo con isto e non co novas coma a que enlacei enriba... A ver se somos un pouco intelixentes e lembrades: keep calm... O que ri último, ri mellor. Canto máis se rían de nós, inventen realidades inexistes e demais máis cidadáns europeos se darán conta do que está a pasar. Pode que este tipo de novas lles resulten útiles para os seus votantes que semellan ter que ter alguén coma inimigo sempre(hoxe mesmo contábanme as barbaridades que unha amiga tivo que soportar nunha perruquería en contra de Cataluña... ). Nós non somos así, nós levamos con nós o respecto mesmo aos que nos insultan, a paz, a liberdade, a igualdade e a fraternidade... Nós non representamos a grisura, senón a luz do progreso e do benestar.

11 Tonteriaslasjustas

Que gran preocupación de los mu er tos de hambre españoles y que preocupación de este periodista escribiendo esto cuando hace poco salió una pobre niña bebiendo de un charco eso les pone a los españoles ver la miseria de la gente. que se preocupan del apalpador ya veo la catadura moral del español y otros diarios fascistas como se nota que los periodistas son unas señoritas que se preocupan de lo esencial el apalpador y no de niños que mueren de hambre o beben en los charcos

10 Fioloo

Estupendo. Por fin se conoce el verdadero significado del vello pedofilo. Normal que a los naZis gallegos les ponga, tan degenerados ellos.

1 Finezza

Paso por todo menos porque se banalice o nazismo. O teu comentsrio so amosa a negrura da tua alma e o voso afan de descualificarnos. A tradicion do Apalpador existe en toda Europa do Norte ata Rusia e foi cristianizada con San Nicolas. Non nos ofedndedes a nos se non a todos os europeos. Pero o que doe e que banalices o nazismo e nesta web se che permita mentres que ningun politico fala de tomar medidas para evitar isto. .

9 Finezza

En realidade o único que están a facer é a reverdecer os vellos tópicos sobre os galegos e os cataláns cos que nos "agasallaron" dende hai séculos. Só saben crear división e que non se fale do que cómpre falar... Se lles entrades ao trapo, seguirán... Se lles lembrades aos galegos coma nos levan tratando quizais non: http://www.elmundo.es/elmundo/2011/... Seguen a descualificarnos unha e outra vez e seguen a tentar sementar división en Cataluña. Fagamos que as súas descualificacións nos fagan máis fortes e usémolas para convencer aos galegos, de aquí e de Cataluña de ata onde poden chegar estes. Cada vez que nos descualifican a nós ou queren dividir aos cataláns nace un novo independentista en Cataluña. Se ese é o seu camiño que sigan... Se Sánchez é listo tamén saberá sacar partido disto.

8 Finezza

A ver, estes o que queren é que os lean e buscan coma sexa conseguilo. En verdade, que haxa xornalistas galegos traballando aí dá que pensar, especialmente que se presten a isto. Tede sentido e pasade deles. Só queren lectores ao prezo que sexa e que non se fala do que toda Europa fala: o que aconteceu en Cataluña o xoves. De aí isto ou o da Tabarnía.