Temas: APALPADOR

Un artigo que compara o Apalpador co “home do saco” acende as redes sociais

O xornal El Español compara ao vello carboeiro co Papa Noël para suliñar que, se os nenos non están avisados, terían medo del.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/12/2017 | Actualizada ás 08:35

Comparte esta noticia

“El gigante que toca a los niños gallegos, lo último en bizarrismo navideño”. Así se titula un artigo publicado no xornal El Español que se viralizou e acendeu as redes sociais en Galicia ao comparar ao Apalpador cun “home do saco” que causa medo aos nenos.

Imaxe do Apalpador
Imaxe do Apalpador

“Si un gigante pelirrojo y muy peludo entrase en mitad de la noche a tocarte la barriga, ¿serías capaz de no salir corriendo despavorido? Pues a esto es a lo que se enfrentan los niños gallegos cada Navidad: llega O Apalpador”, comeza a nova publicada na sección En la jungla deste xornal.

“En la noche del 24 de diciembre millones de niños se acuestan en todo el mundo deseando despertarse con un regalo bajo el árbol. En su mayoría, confían en que un entrañable viejete barrigudo, de larga barba blanca y traje encarnado llegue a lomos de un trineo tirado por renos de narices rojas y sea el artífice del milagro”, di sobre o Papa Noël, unha invención da Coca-Cola para vender o seu mítico refresco.

“Pero no en Galicia. Allí los pequeños se debaten entre el miedo y la ilusión ante la llegada de O Apalpador, un gigante, de profesión carbonero, que empleará toda la Nochebuena en recorrer los hogares gallegos para tocarles, palparles, la barriga y saber si están bien alimentados o no”, engade. “Imaginaos la escena: estás plácidamente durmiendo después de la típica cenar familiar que se alarga, ilusionado para ver si Papá Noel se enrolla y te trae el coche teledirigido y, de repente, notas que alguien te está apretando el estómago. Abres los ojos y ves en tu habitación a un pelirrojo enorme y peludo que aún encima viene a cuestionar si has comido bien. Para infartar”, apunta.

Aínda que logo a autora da información tente describir que a figura do Apalpador xa se popularizou no Nadal galego, o certo é que foron moitos os comentarios nas redes sociais que criticaron durante a descripción feita desta perxonaxe pola “banalización” da mesma.

Temas: APALPADOR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

2 Pardao

gloria lapo disque é un "guarrillo pederasta"

1 Antón

Volvemos a mesma. Todo o que non sexa seguir a norma marcada polo consumismo esta demonizado. Xa teño lido algunha aberración mais sobre "O Apalpador". Para min é unha figura moito mais entrañable, cercana, agarimosa e benébola que "O Cocacolo" inventado e hiperpromocionado pola mercadotecnia.