Por Galicia Confidencial | Madrid | 29/12/2017 | Actualizada ás 10:43
500.000 firmas. Ese é o obxectivo da iniciativa posta en marcha por Gloria Lago, a líder de Galicia Bilingüe, que agora deu o salto ao Estado a través da asociación “Hablemos Español”. O seu obxectivo é que “ningún hispanohablante sea discriminado en Cataluña nin en ningún lugar de España". Despois de facer unha primeira parada en Madrid, o pasado 8 de decembro, a súa caravana lingüística vai a Barcelona.
En Madrid, do medio millón de firmas que buscan, recolleron 30.000. En Barcelona agardan que sexa un numero superior e, por iso, ata alí se desplazará a propia Lago para supervisar a campaña. Con ela colaborarán voluntarios cataláns que se inscribiron como fedatarios para recoller firmas.
Tamén haberá representantes das entidades catalás que colaboran con 'Hablemos Español' e comparten os obxectivos da campaña: Societat Civil Catalá, Asociación pola Tolerancia, Impulso Cidudadano, Asamblea por unha Escuela Bilingüe, D'Espanya i Catalans, Periodistas Pi i Margall, Somatemps, Centro Libre de Arte y Cultura, Concordia Cívica, Profesores por el Bilingüismo, Españoles del montón e o sindicato AMES.
"EXTENDER EL PROXECTO EN TODAS LAS ESQUINAS"
O obxectivo de Gloria Lago é "extender el proxecto a todas las esquinas de España", pois se trata, ao seu xuízo, de "un problema de derechos civiles, con grandes implicaciones afectivas, y que afecta a la educación de los hijos, a la libertad y a nuestro país".
Foi o pasado mes de outubro cando a Mesa do Congreso dos Deputados admitiu que a proposta de Ley de Liberdad de Elección Lingüística sexa tramitada como Iniciativa Lexislativa Popular (ILP). Con iso, 'Hablamos Español' dispón de sete meses para reunir as 500.000 firmas certificadas necesarias para que a lei sexa debatida e, no seu caso, aprobada no Congreso.
Esta iniciativa impulsada por Lago busca garantir que todos os nenos de España poderán estudar en español, se así o desexan, e que os hispanohablantes de todas as comunidades autónomas teñan os mesmos dereitos lingüísticos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.