SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/01/2018 | Actualizada ás 14:27 por EUROPA PRESS
A Axencia Galega de Emerxencias (Axega) mellorou a súa unidade operativa de drones a través da adquisición dunha aeronave tripulada por control remoto de última xeración.
Esta compra, segundo informou este domingo a Xunta, débese á necesidade de cumprir cos requisitos da nova normativa neste ámbito, que obriga ás aeronaves a contar cun transpondedor e a ampliar a súa capacidade de actuación en condicións climatolóxicas adversas.
O novo dron da Axega dispón de sensores antichoque de varrido 360 graos, zoom óptico de vídeo de 30x, termografía cun obxectivo de 19 milímetros e batería calefactada, o que permite voar con baixas temperaturas.
A unidade operativa de drones do 112 prestou en 2017 un total de 20 servizos, a maioría en operativos de procura de persoas desaparecidas.
Ademais, tamén participou no continxente galego de cooperación desprazado a Portugal con motivo da vaga de incendios que arrasou o país luso o pasado ano.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.