Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 08/01/2018 | Actualizada ás 14:41
Edicións Xerais de Galicia convoca os Premios Xerais 2018 para orixinais en lingua galega, conforme a normativa vixente, nas modalidades de novela, literatura infantil e literatura xuvenil.
O Premio Xerais de Novela chega á súa trixésimo quinta edición, o Premio Merlín de Literatura Infantil, á trixésimo terceira, e o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, á décima edición. Cada un dos tres premios está dotado con 10.000 euros.
O remate do prazo de admisión de orixinais será o 3 de abril de 2018. O xurado, cuxa composición se dará a coñecer no mes de maio, emitirá o seu fallo na Festa Xerais que se celebrará na Illa de San Simón o sábado 2 de xuño.
A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación das normas contidas nas seguintes bases:
Bases da 35ª edición do Premio Xerais de Novela
Bases da 33ª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil
Bases da 10ª edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.