A Comisión Xunta-Fomento analizará este martes a supresión da peaxe da AP-9 en Redondela

Así o explicou este sábado a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, en declaracións á TVG recollidas por Europa Press. Vázquez avanzou que será este martes cando se celebre a que será a terceira reunión da Comisión Mixta e na que a Xunta de Galicia tentará concretar co Ministerio de Fomento novos compromisos para aliviar a carga económica da AP-9 aos seus usuarios.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2018 | Actualizada ás 17:15 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia dará traslado este martes 23 ao Ministerio de Fomento, na reunión que se celebrará da Comisión mixta para a xestión da Autoestrada do Atlántico (AP-9), dunha "alternativa viable" para a supresión da peaxe entre Redondela e Vigo.

Ethel Vázquez
Ethel Vázquez | Fonte: Europa Press

Así o explicou este sábado a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, en declaracións á TVG recollidas por Europa Press. Vázquez avanzou que será este martes cando se celebre a que será a terceira reunión da Comisión Mixta e na que a Xunta de Galicia tentará concretar co Ministerio de Fomento novos compromisos para aliviar a carga económica da AP-9 aos seus usuarios.

A titular de Infraestruturas lembrou que desde a Xunta de Galicia se leva "traballando moitísimo tempo", "envorcados en conseguir esa liberación de peaxe aos veciños e as empresas da área de Vigo para os seus desprazamentos entre Redondela e Vigo", de modo que na reunión da comisión prevista para o martes a "Xunta levará unha alternativa viable" para que "os usuarios da AP9 en Redondela poidan transcorrer e facer os seus movementos libres de peaxe".

Respecto diso, avanzou que confía en que exista "sensibilidade" sobre esta cuestión por parte do Ministerio de Fomento, puntualizando que o propio ministro, Íñigo de la Serna, xa trasladara ao presidente da Xunta de Galicia a intención de "entre todos buscar unha alternativa viable para eliminar esa peaxe e que a área de Vigo sexa tan competitiva como o resto".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta