O uso das TIC e os riscos asociados chegan a Viveiro

Pablo Rodríguez, responsable de Participación Cidadá da Comisaría de Viveiro impartirá unha conferencia neste concello dentro de Espazo +60.

Por GC Emprende | Viveiro | 31/01/2018 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

O Espazo +60 Afundación de Viveiro ofrece este xoves, no marco do curso «Uso de smartphone», unha charla sobre o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (as TIC) e os riscos asociados á súa utilización.

Teléfono móbil
Teléfono móbil

A conferencia será impartida por Pablo Rodríguez, responsable de Participación Cidadá da Comisaría de Viveiro. Está incluída no Plan Maior de Seguridade da Policía Nacional, que ten o obxectivo de informar sobre as principais ameazas para a seguridade dos maiores. 

Esta actividade enmárcase na oferta de actividades do proxecto de Envellecemento Activo de Afundación, que permite ás persoas participantes encontrar nesta etapa vital novas oportunidades de crecer persoalmente e de se seguir formando en contacto cos temas emerxentes e achegando activamente á sociedade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta