Nace o I Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño

O novo concurso nace impulsado por Editorial Galaxia e o IES Ribeira do Louro.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 06/02/2018 | Actualizada ás 15:34

Comparte esta noticia

A Editorial Galaxia e o IES Ribeira do Louro, a través do seu Equipo de Dinamización Lingüística, convocan o I Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño. Homenaxeando o nome do xenial dramaturgo compostelán a quen se lle adicou Día das Letras Galegas en 2013, este novo premio ten como finalidade animar á escrita de pezas teatrais dirixidas ao público mozo, é dicir, ao alumnado da ESO e Bacharelato.

Roberto Vidal Bolaño
Roberto Vidal Bolaño

A iniciativa súmase a unha aposta de Editorial Galaxia pola dramaturxia galega da que dan conta os último títulos de teatro infantil publicados na colección Árbore ou o recente Na butaca, longo monólogo poético asinado pola actriz e directora Sther F. Carrodeguas.

Neste novo certame poderán participar todas as persoas que o desexen, de calquera nacionalidade, con textos teatrais inéditos e non premiados noutros certames, que estean escritos en lingua galega.

As obras serán de temática e extensión libre e deberán prestar especial atención á innovación dramatúrxica, as novas linguaxes contemporáneas e a singularidade temática das pezas, tendo en conta o publico ao que van dirixidas.

O premio consistirá na publicación da obra por parte da Editorial Galaxia.

O prazo para a recepción de orixinais estará aberto ata o 1 de abril de 2018 e o fallo darase a coñecer no mes de xuño

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta