Comparte esta noticia

O Concello de Santiago mantén unha "relación fluída" co Arcebispado e o deán da Catedral a pesar da polémica aberta após o pregón do Entroido. Así o indicou este venres o alcalde compostelán, Martiño Noriega, que cre que a polémica forma parte dunha "campaña interesada" e avanzou que nos próximos días trasladará ás forzas da orde as ameazas (algunhas delas "de morte") recibidas a través das redes sociais contra a súa persoa e a súa contorna familiar.

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega

"Hoxe chamei ao delegado do Goberno pero non puiden falar con el. Seguramente a semana que vén poña en coñecemento dos corpos de seguridade todo o material recollido nas últimas horas", indicou Noriega, que o pasado xoves publicou nas súas redes sociais unha captura de pantalla con varias ameazas graves recibidas nas últimas horas por mor da repercusión que tivo o pregón pronunciado o pasado sábado polo dramaturgo e cómico Carlos Santiago.

Así, indicou que non se poden pasar por alto "este tipo de cuestións" que penatran no "terreo persoal" e nas que chegan a producirse "ameazas de morte", mesmo, á súa contorna familiar. "Non darlle importancia é darlle centralidade na sociedade a quen non a ten", apostilou.

No entanto, lembrou que xa en 2015 sufriu un episodio similar cando un veciño de Santiago vinculado a partidos de extrema dereita foi detido por ameazalo e perseguilo. A Fiscalía reclama dous anos de cárcere para este home. O xuízo estaba previsto que se celebrase "este mes de febreiro" pero que foi posposto a final de ano, segundo confirmou Noriega.

Así as cousas, descartou tomar medidas para garantir a súa seguridade e a da súa contorna porque, di, non está disposto "a renunciar" ao seu "espazo de liberdade porque outras persoas queren que renuncie". "Non o fixen en 2015 a pesar de que se me recomendou e non o vou a facer agora", engadiu.

Ameazas en Twitter a Martiño Noriega.
Ameazas en Twitter a Martiño Noriega.

"RELACIÓNS CORDIAIS" COA IGREXA

Martiño Noriega asegurou que o consistorio que dirixe mantén "relacións cordiais" co Arcebispado de Santiago, que convocou este sábado un "acto de desagravio" ao Apóstolo Santiago e a Virxe do Pilar polo pregón do entroido compostelán.

Así, o alcalde expresou que "houbo comunicacións" do grupo de goberno coas instancias relixiosas da cidade e que "segue habendo sintonía máis aló de que poida haber un desencontro persoal".

"É unha relación que coidamos dentro do respecto muto. O arcebispado e o deán forman unha das catro patas da cidade coa universidade, o concello e a Xunta. A relación está blindada e seguireina mantendo de maneira regular", remarcou.

POLÉMICA "INTERESADA"

Para o rexedor, a polémica forma parte dunha "campaña interesada". "Non entro en que unha intervención transgresora poida ferir sensibilidades. O que digo é que non as fere de forma natural, féreas despois cunha campaña interesada", expresou.

E é que, como lembrou, non existe material audiovisual sobre as presuntas ofensas relixiosas vertidas polo humorista e dramaturgo Carlos Santiago no pregón. "É como o caso de Ricky Martin, todo o mundo sabía o que fixera e ninguén o viu", concluíu

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

6 alcalde do catedralicio

xa o di o golfiño merendiño de santiAGE de componendas, a relación coa "mafia catódica" e fluida e decir miren os cartos que esta recibindo a panda da clericalla, miren os euros que reciben istes elementos, e por favor non confundan cristianismo con catolicismo romano, son dictadura que obedecen un chivo satanico o dictador romano, detrás deles esta o sanedrín (cenáculo oculto), onde tal vez participe o propio alcalde, facendo o papel de "chantre da sinagoga" en canto as relación sexuais do Santiago coa virexe Pilarica non están confirmadas, pois Santiago non estivo na península ibérica e polo tanto "ise pene non entrou na vaxina" polo tanto o tema escabroso no se da, os catódicos non son un.ha relixión sinon están polos cartos únicamente, e traizoan a propia relixión cristia! o que esta soterrado na catedral non e Santiago e o grandísimo prisciliano, os sacerdotes galegos deberían ser priscilianistas e non catódicos

5 Alén

Anda que dicir orillas en vez de beiras, Martiño... Xa che vale

4 Fernando G

Ah, ¿pero las amenazas de muerte no son también una broma de carnaval con la que hay que tragar? Qué mal humor tiene el mareante Martiño. Los tipos a los que paga con dinero público para insultar a todo el mundo pueden meterse hasta con lo más sagrado de la población, pero él es intocable, faltaría más. Toma prepotencia podemita.

1 Ouveos españolistas

O máis sagrado son as persoas, non os supostos santos. Persoas ás que ti, fascista Fernando G, agredes repetidamente nos teus comentarios, comezando polas mulleres. A impostada sensiblería dun supremacista, racista, misóxino ou dun homófobo é unha ridiculez.

2 Fernando G

Como si tu y tu amo Martiño tuvierais algún respeto por los que no piensan como vosotros. ¿Las mujeres? Para tí y para Pablito son carne de harén. No me hagas reir. De todo lo demás, aplícatelo pequeño lacayo podemita.

3 Ouveos españolistas

Erras fascista. Nin coñezo a Pablito, trato ou voto a Podemos. Nin ás marcas brancas. Logo Mareado non che son, e ao Martiño só o vín nunha ocasión, e non cheguei a bicarlle a man nin a saudalo, aínda téndoo a carón. Entendo que che moleste que te identifique, como era iso que repites tanto..., leo no reverso do espello: 'machinazi'! Píllalo noxenta rata reaccionaria?

4 Natasha RostovadelasRestrevas

Son muller, así que algo terei que dicir. Si, a min agrédenme con comentarios machistas continuamente ( e outros algo ameazantes que non vou explicitar aquí) neste foro xente que aparentemente defende as Mareas. Kollona é o primeiro que me chaman. Son atea e oféndeme que o único que saiban facer as Mareas nas cidades do re-cambio é este tipo de espectáculos pseudoprovocadores que xa non provocan (lede a Pasolini... algún de vos dicía lelo. Debía de ser na versión tipo aprende a Gramsci en 30 minutos que o voso líder Pablo debeu de ler) senón que ofenden. Ofenden ata ateas coma min. Dito isto, quero unha vez máis expresar a miña solidaridade con Noriega polas ameazas e desexar que se averigüe quen as realizou canto antes mellor.

3 comunista independentista

Hai que denunciar tanto as ameazas covardes dos fascistas coma o silencio cúmplice do resto de grupos da corporación municipal. Outros covardes e colaboradores necesarios.

1 Ouveos españolistas

Estás no certo, o que queda do BNG e o falsario PsoEspañolista son os cómplices necesarios do fascismo (aquí e en Catalunya). Válelles todo para desgastar a Martiño e ás Mareas de Podemos. Son lixo, non reciclable, e como tal hai que tratalos. Lume co vello e inútil!

2 Mareadaseremareadas

A miña solidaridade con Martiño Noriega diante desta situación que está a vivir e agardo se investigue. Dito isto: chegará o día en que as cidades do re-cambio sexades noticia non por polémicas gratuítas e estériles senón por exemplo por levar un premio por algo? Eu, que son atea, estou farta deste tipo de faltas de respecto aos crentes (entre os que figuran amigos e familiares). Porque non deixades a Igrexa en paz, especialmente cando algúns dos seus membros din os que os vosos chachiguaycompis non se atreven. https://www.elnacional.cat/es/polit...