Rajoy: "Resiste Alfredo, AP está contigo"

O presidente español paseouse nun autobús con militantes populares polas rúas do Grove defendendo ao rexedor que pediu o secuestro do libro 'Fariña'. Anos despois repetiría o de "Luis, sé fuerte".

Por Xurxo Salgado | O Grove | 21/02/2018 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

Un xulgado ordenou este martes o secuestro do libro "Fariña", unha investigación do mundo do narcotráfico en Galicia nos anos 80 e 90 e que foi escrito polo xornalista Nacho Carretero. Un secuestro que se fixo a instancias do ex alcalde do Grove, Alfredo Bea Gondar, ao considerar que se atentaba contra o seu honor nalgunhas partes desa obra na que se aludía a súa relación co narcotráfico.

Rajoy e Fraga nun cartel electoral
Rajoy e Fraga nun cartel electoral

Pero Bea Gondar, a pesar de pasar polos xulgados polas súas presuntas relacións co blanqueo de diñeiro do narcotráfico, non estivo só nos momentos nos que as cousas se comezaban a torcer xudicialmente. 

A comezos dos 90, o hoxe presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, --entón vicesecretario xeral popular e xa ex presidente da Deputación de Pontevedra--, paseouse polo Grove nun autobús cargado de militantes populares con bandeiras de AP e pancartas que rezaban “Resiste Alfredo, AP está contigo” para defender ao alcalde Bea Gondar.

Nese momento, o ex rexedor levaba máis dun ano sen convocar plenos municipais. Un “Resiste Alfredo” que se parece moito ao famoso “Sé fuerte, Luis”, en alusión á famosa mensaxe que lle mandou a Luis Bárcenas, ex tesoureiro do PP cando estaba sendo investigado pola xustiza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 emepuntorajoy

Todo o mundo sabe que esta historia é incerta, tampouco é certo que AP non fora financiada polos narcos, nin Feijóo tiña amizade con capos. O certo é que "era cando eles, Puigdemont con Maduro, en compló, para revolver, buscaban mentiras, diñeiro moito mellor, e votaron droja nas noticias, que todo el mundo sabe que en el PP no minten moito... Imposible que no PP mintan, nunca mentiron máis...". Grazas Tojeiro polo testimonio!