Detidos os alcaldes de Cee, Fisterra e Mazaricos

ACTUALIZACIÓN DAS 18 HORAS: Confirmado Construciones Ogando como unha das empresas investigadas. GC xa informou en 2006 de irregularidades urbanísticas en varios municipios da Costa da Morte. Presuntos delitos deste tipo son o motivo dunha espectacular operación policial que promete sacudir a precampaña das eleccións locais.

Por Galicia Confidencial | Cee | 31/01/2011 | Actualizada ás 12:49

Comparte esta noticia

Axentes da Unidade de Delitos Económicos e Fiscais detiveron esta mañá aos alcaldes de Cee, Fisterra e Mazaricos, na Costa da Morte. O PPdeG goberna en maioría en Fisterra (José Manuel Traba) e Mazaricos (José Manuel Santos Manerio).  Os Independentes por Cee (Ramón Vigo) nesta vila, co apoio do PSOE a este ex-militante do PP dende 2007.

None

O líder dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, pediu prudencia até coñecer os detalles das detencións. Polo de agora, o líder do PP deG, Alberto Nuñez Feijóo, non se pronunciou. O seu número dous, Alfonso Rueda, declarou que "o que vai facer o PP é o de sempre, máximo  respeto ás actuacións xudiciais e máxima colaboración".

Construciones D. Ogando

Ademais dos alcaldes, no marco da "Operación Orquesta" están detidos dous concelleiros de Fisterra e tres empresarios. Tráfico de influencias, prevaricación, cohecho e falsificación documental son as acusacións.

Segundo o dixital local Que pasa na Costa, Construciones Ogando sería unha das empresas intervidas polos axentes. Trátase dunha empresa baseeada en Muxía e que traballou recentemente tanto para os municipios como para a Xunta. O dono da empresa e o seu fillo tamén se atopan detidos.

Trátase dunha operación de moita importancia, con ducias de furgonetas de antidisturbios rodeando os edificios municipais. A investigación está coordenada Audiencia Nacional en colaboración co Xulgado de Instrución número 2 de Corcubión. Os axentes están a incautar documentación urbanística nas oficinas públicas. Tamén rexistraron o domicilio particular do alcalde de Cee.

None

Polo de agora pouco máis se coñece até o de agora, pois existe segredo de sumario. Está previsto que os detidos comparezan ante o xuíz este mesmo luns.

En 2006 GC xa se fixo eco das denuncias de irregularidades urbanísticas na Costa da Morte, na que estarían implicadas varias notarías de Madrid. Este diario informou dos intentos de camuflar operacións urbanísticas baixo o paraugas de supostas concentracións parcelarias.

None
None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 53 comentarios

29 FISTERRA=TRABA CORRUPTO

EN FISTERRA A FALTA DE DETER O ALCALDE AINDA DETUVERON O TENIENTE ALCALDE E O CONCELLEIRO DE OBRAS PÚBLICAS.EU CREO Q AINDA AI MAIS!!! PEPEISTAS DO CARALLOOOOOOO!!!! PP -CORRUPCIONNNNNNNNNNNNNNNNNN AINDA Q MAÑAN ESTEAN NA CALLE POLO MENOS PASARON A VERJONSAAAAAAAAA

28 Unquesabe

O que está na foto a carón do Alcalde de Cee é o segundo da súa lista e foi o protagonista dista nova: http://www.lavozdegalicia.es/carbal...

1 Unquesabe

Xesús que tropa! E todo escomenzou por unha investigación policial por un asunto de drogas! Por Cee fai tempo que se corría que o alcalde e as súas amistades tiñan relación co consumo excesivo de fariña sin ser panadeiros.

27 compostelan

"A ver que din os tribunáis". Xa están os PPePPeiros xustificando a corrupción, claro porque a Policía mais o Xuiz Instructor deben ser uns prevaricadores que se adican a perseguir aos honorables do PPartido PPerseguido, sin probas e con ordes directas de Rubalcaba e ZParo ahora que se achegan as eleccions. E seguiremos a escoitar as frases de sempre "fan ben, eu faría o mesmo", "son cartos do Estado", "tengo la conciencia tranquila", e a esperar que entre retrasos, recursos, algún xuiz mais que amigo, ou como en casos xulgados e condenados (Ponteareas, Porqueira...) sempre podemos pedir un indulto e seguir no goberno. Pois volvamos a votarlles que algunha limosna nos darán.

1 Manoliño

Pois claro que a ver que din os tribunáis, ou aquí vivimos no oeste. En calquera caso, a corrución sempre foi maior na esquerda, entre outras cousas porque os de dereitas suponse que teñen algún patrimonio, cousa á que aspiran os de esquerda e ao look de novos ricos habitual no SOE remítome. Pero por dar datos, se alguén os ten mais recentes, agradezoos. En novembro de 2009: "La Fiscalía investiga 730 asuntos que afectan a cargos públicos repartidos por toda la geografía española, de los cuales, 264 son procesos penales contra cargos socialistas, mientras que 200 afectan al PP". http://tinyurl.com/5wasmu9

2 Rayleigh

Que respetuosos os volvedes os pepeiros cos tribunais. Sempre e cando vaian a prol dos vosos intereses. Senón, Rubalcaba ordenou os xuíces que foran contra o PP. E a explicación de por que hai máis corrupción na esquerda xa é delirante. So te faltou dicir que no poder quen está millor son os señoritos de berce. Por esta mesma regla, eu podo dicir que os nacionalistas son os políticos máis honrados. E para rematar colles datos de novembro de 2009. Cando no ano 2010, foi a apoteose de casos de corrupción sobre todo do PP. E agora ala van 3 alcaldes.

3 Rayleigh

Ah..e seguro que neses casos, non están as actuacións, por dicilo de maneira suave, pouco éticas ou bordeando a legalidade. Xa sabes manoliño: contratar sen concurso por que divídese o montante para que non supere o máximo permitido, contratación provisional de xente que pasa a ser fixa, misteriosos concursos cunhas condicións que só cumpren as empresas do cuñado do alcalde...Enriquecemento de persoas achegadas a certos concelleiros. Hai que recoñecer que nesto, os do PP, sodes uns mestres. Por certo, ti falas que os de dereitas teñen certo patrimonio..Pódesme dicir que patrimonio tiña o bedel Louzán antes de meterse de presi da Deputación?

26 Manoliño

A ver que din os tribunáis, pero se cometeron un delito, que paguen. Penso que Feijoo quixo acabar con certas prácticas caciquís na provincia de Ourense, e perdeu a partida. A ver se aquí e onde haxa corrución non a perde, malia que este asunto cheira que confunde. En calquera caso, que cada quen pense no seu concello, e imaxino que todos podemos dicir que os políticos dan as concesións e obras aos amigos, militantes e parentes. Non sei se todas, pero penso que non me engano se digo que neste asunto en todas ou case que todas partes cocen pan. Uns disimularán mais que outros...

1 Rayleigh

Xa manoliño xa. Todos son iguais así que seguide votando os mesmos. Este é a mensaxe dos pepeiros. Pois non machiño. O 90 % dos casos de corrupción e prácticas pouco éticas sempre están no mesmo partido. Por que? Por que este partido fomenta a corrupción. Xa vemos as intervenzóns como a túa: son cousas que pasan e todos fan o mesmo. Un dos problemas dos países para desenrolarse é a corrupción. E co tema de Baltar, pobriño Feijoo, non? Pois non meu neno. Tiña unha solución: EXPULSIÓN. Pero non ten o que hai que ter e menos cunha persoa que lle permite estar onde está. Esa é a hipocresía dos pepeiros.

2 Rayleigh

Pero non te preocupes machiño...estes nunca chegarán o xulgado. Misteriosamente os seus delitos estarán prescritos ou pasarán anos e anos ata que prescriban. E se son condeados, o PP permitiralles seguir por que pedirán "o indulto" como fixeron co alcalde de Ponteareas condeado 2 veces por prevaricación. E nas eleccións seguirán conseguindo maiorías absolutas...Así nos vai en Galiza con xentes coma ti.

3 un calquera

Pero o feijoo ese ten maioría absoluta porque 8 deputados ourensáns afíns a Baltar lla deron non?. Que dis manoliño, que feijoo SABE que hai corruppción en ourense e non a denuncia?, estas a dicir que sabe que a hai, e se está lucrando dos votos que dá?....

25 vin

pp = corrupción s.a.