Detidos os alcaldes de Cee, Fisterra e Mazaricos

ACTUALIZACIÓN DAS 18 HORAS: Confirmado Construciones Ogando como unha das empresas investigadas. GC xa informou en 2006 de irregularidades urbanísticas en varios municipios da Costa da Morte. Presuntos delitos deste tipo son o motivo dunha espectacular operación policial que promete sacudir a precampaña das eleccións locais.

Por Galicia Confidencial | Cee | 31/01/2011 | Actualizada ás 12:49

Comparte esta noticia

Axentes da Unidade de Delitos Económicos e Fiscais detiveron esta mañá aos alcaldes de Cee, Fisterra e Mazaricos, na Costa da Morte. O PPdeG goberna en maioría en Fisterra (José Manuel Traba) e Mazaricos (José Manuel Santos Manerio).  Os Independentes por Cee (Ramón Vigo) nesta vila, co apoio do PSOE a este ex-militante do PP dende 2007.

None

O líder dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, pediu prudencia até coñecer os detalles das detencións. Polo de agora, o líder do PP deG, Alberto Nuñez Feijóo, non se pronunciou. O seu número dous, Alfonso Rueda, declarou que "o que vai facer o PP é o de sempre, máximo  respeto ás actuacións xudiciais e máxima colaboración".

Construciones D. Ogando

Ademais dos alcaldes, no marco da "Operación Orquesta" están detidos dous concelleiros de Fisterra e tres empresarios. Tráfico de influencias, prevaricación, cohecho e falsificación documental son as acusacións.

Segundo o dixital local Que pasa na Costa, Construciones Ogando sería unha das empresas intervidas polos axentes. Trátase dunha empresa baseeada en Muxía e que traballou recentemente tanto para os municipios como para a Xunta. O dono da empresa e o seu fillo tamén se atopan detidos.

Trátase dunha operación de moita importancia, con ducias de furgonetas de antidisturbios rodeando os edificios municipais. A investigación está coordenada Audiencia Nacional en colaboración co Xulgado de Instrución número 2 de Corcubión. Os axentes están a incautar documentación urbanística nas oficinas públicas. Tamén rexistraron o domicilio particular do alcalde de Cee.

None

Polo de agora pouco máis se coñece até o de agora, pois existe segredo de sumario. Está previsto que os detidos comparezan ante o xuíz este mesmo luns.

En 2006 GC xa se fixo eco das denuncias de irregularidades urbanísticas na Costa da Morte, na que estarían implicadas varias notarías de Madrid. Este diario informou dos intentos de camuflar operacións urbanísticas baixo o paraugas de supostas concentracións parcelarias.

None
None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 53 comentarios

19 balda

vaia tres pés pra un banco, a verdade é co seu aspecto xa dí bastante deles, kinkis engarabatados..agora a ver se non empezan a desaparecer expedentes misteriosamente, e non se empecen a anular probas e todas isas trangalladas dos corruptos de dentro da xustiza.

18 Turkoo

Cohecho->Suborno ("Cofeito" tampouco existe)

17 Manolo

Si se demuestra que son corruptos, a la cárcel con ellos, sean del partido que sean, y caiga quien caiga.

1 Eugenio Pombo

Por unha vez dacordo con Manolo.

16 saña

Chamame poderosamente atencion o clamoroso silenzo de Manolito, sera tamen un bandullo agradecido destes corruptos, ou estara encerellado na trama dos PPeiros?

15 Porco Jones

E que a esquerda está moi ideoloxizada, os roxos só pensan en liberdades, dereitos, servicios públicos e subvencións. A dereita é outra cousa, ocupase de cousas de verdade importantes...por exemplo, ter os petos ben cheos de cartos, e se son negros, melhor!