8 de marzo, día da muller... e tamén dos bombeiros

Este xoves tamén se celebra San Xoán de Deus, patrón deste colectivo.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 08/03/2018 | Actualizada ás 12:40

Comparte esta noticia

Este xoves está marcado por folgas e paros para pedir a fin da discriminación salarial e laboral entre homes e mulleres, pero tamén é o día sinalado no calendario para que os e as bombeiros celebren o seu día grande.

Foto de familia dos bombeiros de Lugo no día do seu patrón, oito de marzo, San Xoán de Deus
Foto de familia dos bombeiros de Lugo no día do seu patrón, oito de marzo, San Xoán de Deus

O 8 de marzo celébrase San Xoán de Deus, patrón das e dos bombeiros. Numerosos parques municipais conmemoran esta xornada con distintas actividades. Así, os efectivos do parque de Lugo, ataviados cos novos uniformes, achegáronse ata a Praza Maior nos distintos vehículos cos que conta este servizo municipal para facer unha fotografía de familia. A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do voceiro municipal, Miguel Fernández, acudiron a saudalos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta