Un accidente de tráfico no Carballiño (Ourense) sáldase con dúas persoas feridas e liberadas polos bombeiros

Dúas persoas resultaron feridas este sábado no Carballiño (Ourense) nunha colisión na que se viron implicados outros tantos turismos.

OURENSE | 10/03/2018 | Actualizada ás 15:20 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Dúas persoas resultaron feridas este sábado no Carballiño (Ourense) nunha colisión na que se viron implicados outros tantos turismos.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, as vítimas tiveron que ser liberadas polos bombeiros do Carballiño ao quedar atrapadas no interior dun dos coches accidentados.

O sinistro ocorreu na Avenida da Estación, á altura do número 6, ao fío das 11,55 horas. Nese momento, unha particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do accidente.

Segundo informa, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia deu o aviso ao 061, aos bombeiros do Carballiño, á Policía Local, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta